Blogues

Saúdo

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2024/25

LISTAXE de libros de texto para o curso 2024_25.

PROCESO DE AVALIACIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

De acordo coa seguinte documentación oficial:

- Ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Informámoslles que, unha vez realizada a avaliación e entregadas as notas, dispoñen dun prazo de 2 días para reclamacións das cualificacións.

ÁBRESE O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024/2025

A partir do 20 de xuño de 2024 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2024 - 2025.

Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado da EEI Fina Casalderrei, que entra en 1º de EP e foi admitido no proceso de reserva e o alumnado de calquera  nivel  procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.

Deberán presentar a seguinte documentación:

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 2024-2025

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2024-2025.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Hoxe , 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2024-25.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

INFORMAMOS DE QUE O  MARTES, 27 DE FEBREIRO E 5 DE MARZO, ORGANIZAREMOS  XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO. REALIZARASE UNHA VISITA GUIADA, DE 16.00 A 17.00 HORAS, PARA COÑECER AS NOSAS INSTALACIÓNS.

ASIGNACIÓN PRAZAS DE RESERVA 1º NIVEL (CURSO 2024-2025)

Con data de hoxe, 22 de febreiro de 2024, publicouse a listaxe de vacantes escolares asignadas no proceso de RESERVA para o 1º nivel do curso 2024-2025.

Obtiveron praza todos/as alumnos/as que presentaron solicitude en prazo.

Poden consultar as listaxes no taboleiro do vestíbulo do noso centro en horaio escolar.

O alumnado que obtivo praza, formalizará a matrícula neste centro entre o 20 e o 30 de xuño de 2024. As indicacións sobre este procedemento publicitaranse no taboleiro exterior e na web uns días antes do inicio do mesmo.

ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2024 - 2025

Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro levarase a cabo o proceso de RESERVA de praza para o curso 2024 - 2025.
Só afecta ao alumnado que cambia de etapa (de 6º de EI a 1ºde EP e de 6º de EP a 1º da ESO) e desexa continuar os seus estudos nos centros adscritos aos que xa está matriculado na actualidade; é decir que desexan reservar praza no CEP Marcos da Portela ou no IES Luís Seoane. .
As solicitudes deberán cubrilas e entregalas no seu centro corespondente (o alumnado de EI, en EEI Fina Casalderrey; o alumnado de 6º de Primaria, no CEP Marcos da Portela).

Distribuir contido