Blogues

DECORACIÓN DE NADAL

No Nadal tivemos a gran sorte de disfrutar dunhas instalacións cheas de color e de calor propio desas datas. Agradecemos enormemente o gran labor realizado pola ANPA O Miradoiro e  polas familias que se prestaron a colaborar na decoración de Nadal do centro. Non podemos olvidar tampouco o fermoso belén  froito do traballo de María Jesús e Pablo Abelleira. 

Preme para ver o video da decoración.

BECAS DE COMEDOR FANPA 2023_24

No seguinte enlace poden ver toda a información relativa á solicitude de bolsas de comedor da FANPA para o curso 2023-24.

O praazo para a solicitude remata o 15 de setembro.

ENLACE

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

As reunións de inicio de curso se celebrarán nos seguintes días e horarios:

1º A/B/C: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.00H NO SALÓN DE ACTOS.

2º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.

3º A/B: MARTES 12 DE SETEMBRO ÁS 16.30H NO SALÓN DE ACTOS.

4º A/B: MARTES 19 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NA AULA.

5º A/B: MARTES 26 DE SETEMBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.

6º A/B: MARTES 3 DE OUTUBRO ÁS 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.

MATERIAL POR NIVEIS (CURSO 2023-2024)

LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2023_24

Poden consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.

A listaxe de material sairá nos primeiros días de setembro.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023 - 2024

A partir do 20 de xuño de 2023 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2023 - 2024.

Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado que entra en 1º de EP e o alumnado de calquera outro nivel  procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.

Deberán presentar a seguinte documentación:

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS

O mércores, día 21 de xuño, entregaránselle ao alumnado as cualificacións do curso 2022- 2023, e as mesmas poderán ser consultadas tamén, polas familias, a través da aplicación ABALAR a partir das 15h do mesmo día.

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024

Ata o 21 de xuño de 2023 estárá aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2023-2024.

PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023- 2024

Dende esta mañán están publicadas as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023 - 2024

.Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Mañán, 25 de abril, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2023-24.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á súa publicación.

Distribuir contido