Blogues

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023

INFORMAMOS DE QUE O VINDEIRO MARTES, 14 DE FEBREIRO, ORGANIZAREMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO.

INFORMACIÓN PROGRAMA DIGITAL WEEK

NOVAS DE INICIO DE CURSO 2022/23

As clases darán comezo, para todo o alumnado, o xoves 8 de setembro.

O horario de entradas e saídas do alumnado do colexio, para todo o curso, é o seguinte:

2º, 5º e 6º: Entran ás 9 e saen ás 14.00h. O alumnado de 2º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 5º e 6º pola cancela principal.

1º, 3º e 4º: Entran ás 9.05 e saen ás 14.05h. O alumnado de 1º entra pola cancela do patio dos pequenos/as e 3º e 4º pola cancela principal.

SERVIZO DE PLAN MADRUGA E COMEDOR

Achegamos a carta informativa que nos fixo chegar a FANPA para a renovación ou a nova contratación dos servizos de almorzo e comedor para o novo curso escolar 22-23.

Nela teñen toda a información para poder realizar as xestións que necesiten.

INICIO DO CURSO 2022/23

 

INFORMACIÓNS RELATIVAS AO INICIO DE CURSO 22/23:

 - A listaxe de material de cada nivel estará exposto no taboleiro exterior do colexio o venres 2 ao mediodía. Tamén poderán velo nesta páxina web.

- A entrega de vales de libros e vales de material (para os/as que non o recolleron en xullo) realizarase o venres 2 e o luns 5, en horario de mañá (de 9 a 14 horas).

- Queda pendente a entrega dos lotes de libros para o alumnado beneficiario, pois todavía non os mandaron todos da editorial.

 

Moito ánimo e bo inicio de curso para todos/as.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022_23

No seguinte ficheiro poden consultar os libros de texto para o vindeiro curso 2022/23.

Para 4º non é preciso mercar ningún libro de texto.

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS

O periodo de tempo para efectuar reclamacións contra as cualificacións é de dous días dende a recepción das notas.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2022-2023

O prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022 - 2023 será do 20 ao 30 de xuño.(Só para o alumnado novo no centro)

Distribuir contido