ADIAMENTO DA RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións a consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

O obxecto desta resolución é adiar a celebración das eleccións para a renovación de membros do consello escolar dos centros docentes sostidos con fondos públicos.