Skip to Content

Secretaría

Bolsas comedor 2021/2022: listaxe de persoas beneficiarias.

Publicada a listaxe  de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a súa puntuación outorgada da convocatoria de axudas de bolsa comedor 2021/2022.

 

Taboleiro de anuncios e edictos municipal:

https://sede.coruna.gob.es/

 

Páxina web de servizos sociais:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2021-2022-publicacion-del-listado-de-personas-propuestas-definitivamente-como/suceso/1453771816093

Requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022

Publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610

- Páxina web de servizos sociais:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/

Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Proceso de matriculación

Comunicámoslles que o prazo para a matriculación para o vindeiro curso 2023/24 será do 20 ao 30 de xuño de 2023 (só para alumnado de nova incorporación).

Para a formalización da matrícula é preciso entregar en secretaría /administración a seguinte documentación: 

  • 4 fotos tamaño carné.
  • Impreso de matrícula educación infantil ou educación primaria.
  • * Fotocopia dos carnés dos pais/nais ou titores/as legais e do alumno/a, se é o caso.
  • * Fotocopia do libro de familia, para acreditar a data de nacemento (se non posúe carné).
  • Fotocopia plastificada da cartilla da Seguridade Social ou outra entidade médica.
  • Impreso de actualización de datos.

O resto do alumnado do centro só deberá entregar o formulario de actualización de datos.

 

*Se entregaron as fotocopias no proceso de admisión, non é necesario volver a entregalas.

** Débense cotexar todos os documentos amosando os orixinais.

 

Bolsas comedor municipais 2021-22

O 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados.

Queres matricular ao teu fillo/a de no noso cole? Así funciona a nosa Educación infantil

E D U C A C I Ó N     I N F A N T I L

N O  W E N C E S L A O

Educación Infantil

A día de hoxe, a situación socio-sanitaria na que nos atopamos inmersos desaconsella realizar as Xornadas de Portas Abertas que tiñan lugar no noso centro en datas previas a preinscripción de alumnado de nova incorporación.

Por ese motivo axuntamos a seguinte información que esperamos sexa de utilidade á hora de resolver dúbidas que axuden a escoller o centro educativo que máis se axuste as necesidades de cada familia.

A etapa de Educación Infantil é concibida coma un todo globalizado. A mellor forma de aprender é experimentando e descubrindo por nós mesmos polo que o xogo é a base da nosa aprendizaxe. Pretendemos crear unha escola activa, participativa, integradora e comprometida coas necesidades do alumnado.

Creemos que a educación é un proceso construtivo. Potenciamos o exercicio constante da exploración e a procura de respostas. Axudámoslles a pensar, razoar e solucionar conflitos de xeito independente.

Recoñecemos as diferenzas individuais respectando as distintas necesidades, capacidades intelectuais, personalidade e ritmos de madurez. Cada un vai desenvolvendo as súas destrezas aprendendo a enfrontarse positivamente aos seus fracasos e frustracións. Procuramos que o/a neno/a sexa capaz de aceptarse a si mesmo.


¿Que aprendemos?

Linguaxe:
Damos a coñecer aos nenos/as as funcións da linguaxe tanto oral coma escrito co fin de iniciarse na aprendizaxe da lecto-escritura. A nosa meta é axudar ao alumnado a empezar a ler de xeito comprensivo a través de actividades lúdicas e dinámicas.

Lóxica:
Achegamos ao alumnado ao coñecemento dos obxectos, ao descubrimento das súas propiedades e finalmente á representación matemática das mesmas. O desenvolvemento da observación, a intuición, a creatividade e o razoamento lóxico son principios básicos sobre os cales se constrúe o pensamento matemático.

O mundo que nos rodea:
    Consideramos que o coñecer, explorar e  amar a natureza e a comunidade que nos rodea. Inspiran a creatividade, a tolerancia e abren as portas da “imaxinación”.

A psicomotricidade:

A estimulación psicomotriz nos nenos/as en idades temperás resulta moi beneficioso para o seu desenvolvemento físico e psicolóxico. A psicomotricidade vai facilitar a adquisición do esquema corporal permitindo que o neno/a sexa consciente do seu propio corpo, favorece o control muscular e axuda ao neno/a domine o seu corpo e movementos con maior facilidade; contribúe a perfilar o control postural, a lateralidade, o equilibrio, a coordinación e o sentido do espazo; estimula a percepción e exploración do entorno; axuda a que se oriente no espazo e no tempo; propicia as relación sociais e estimula a expresión emocional.

Plurilingüísimo:

Como centro plurilingüe que somos, desde os 3 anos temos un proxecto de inmersión en inglés que axudará a desenvolver a comprensión e expresión oral. Áreas Implicadas:

  • INGLÉS: o horario semanal da área de lingua inglesa é segundo a Orde de 25 de xuño de 2009 dunha hora semanal.
    O noso proxecto contempla 2 sesións semanais de 50 minutos antes/despois do recreo que se reparten do seguinte xeito: 30 minutos da área propiamente dita en inglés e a continuación a merenda  durante 20 minutos no que aproveitamos para desenvolver a lingua nunha situación  real de comunicación: fórmulas de cortesía, peticións, vocabulario específico da alimentación, hixiene, etc.
  • INFORMÁTICA: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula de informática. Na hora de informática os/as nosos/as alumnos/as familiarizaranse co ordenador, tablets e scornabots. Usarán diferentes aplicacións e poderán afondar na aprendizaxe das diferentes áreas do currículo pero usando sempre a lingua estranxeira.
  • MÚSICA: 1 sesión semanal de 50 minutos na aula propia de cada grupo en 3 e 4 anos, e na aula de música en 5 anos. Coñecerán vocabulario e conceptos propios do currículo da área de música en inglés. Sen esquecer a tradición musical de Galicia,  poñerase especial atención ás músicas do mundo de fala inglesa.

 Imaxe da video-visita

Preme na imaxe para ver a vídeo-visita.

 

 

 

AXUDAS

Neste apartado podedes atopar toda a información relativa as distintas axudas ás que podedes acceder: 

CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR PARA O CURSO 20/21

Xa está aberto o prazo para a solicitude das bolsas de comedor para o próximo curso 20/21.

 

Podedes ver toda a información na web do Concello.

icono persoas  A QUEN VAI DIRIXIDO?

 Ao alumnado dos centros de educación infantil e primaria (CEIP), que estean localizados no termo municipal da Coruña e presten o servizo de comedor, cando reúna os demais requisitos que esixe esta convocatoria.

icono calendario  CANDO O SOLICITO?

Dende o 1 ata o 12 de xuño do 2020

icono solicitud SOLICITUDES

Podedes atopar as solicitudes nos rexistros municipais e centros cívicos.

icono web WEB DO BOP

Podedes ver toda a información das axudas no BOP do 20 de marzo 2020.

 

 

CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE COMEDOR 20/21

No Boletín Oficial da Provincia, BOP N.o 53 do 20 de marzo, aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de becas comedor para o curso escolar 2020/2021 (Ref. 512020002-105/2020/2111 Convocatoria Becas Comedor).

Dixámosvos aqui o acceso á páxina do BOP.

 

IMPRESOS

Distribuir contido


by Dr. Radut