Skip to Content

Arts and crafts

Proxectos colaborativos

Ao longo deste curso o equipo de Plurilingüismo propuxo varios proxectos artísticos que foron levados a cabo por todo o alumnado do centro.

 

KANDINSKI

Na área de Plástica CLIL o alumnado de Infantil, 3º e 4º EP coñeceu a obra de Wassily Kandinski e fixeron obras inspirados neste pintor ruso, un dos pioneiros da arte Abstracta.

 

MURAKAMI

Todo o alumnado do centro colaborou coloreando e/ou debuxando flores seguindo o estilo de Takashi Murakami. Nas áreas de Plástica coñeceron este artista xaponés, creador do movemento Superflat.

MURAKAMI

Murakami

 

Outro traballo realizado foi un mural formado con corazóns cosidos con diferentes deseños.
 
Mural corazóns

 

 

Tribal Masks

O alumnado de 4º EP realizou máscaras inspirándose principalmente en modelos de África e América.
 
Estas son as súas creacións.
 

Hats

Aluminium foil art

Co fin de experimentar con novos materiais, na área de Plástica estivemos a traballar con papel de aluminio.

Coñecemos a Alberto Giacometti e inspirándose na súa obra o alumnado de 6º creou as súas propias esculturas.

En 3º utilizamos o aluminio pintado con rotuladores permanentes para crear obras abstractas con motivos xeométricos.

Yayoi Kusama

Este trimestre, nas clases de Plástica CLIL (3º e 4º EP), inspirámonos na artista Yayoi Kusama para realizar varias propostas artísticas.

  • Invitamos a todo o alumnado e profesorado do centro a participar nunha instalación interactiva que trataba de recrear o traballo de Yayoi Kusama na Tate Gallery de Londres. A proposta consistía en transformar un pequeno espazo en branco no corredor do colexio, nun mar de puntos de cor.

The Obliteration Room (Tate Gallery, London) 

https://www.tate.org.uk/art/artists/yayoi-kusama-8094/yayoi-kusamas-obliteration-room

  • Elaboración e decoración de cabazas de cartolina inspirándose nos desos de Kusama.
  • Debuxo de cabazas utilizando elementos artísticos da obra de Kusama con  aportacións  e interpretación propias do alumnado.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut