Skip to Content

Secretaría

Prazos fondo solidario de libros de texto

Fondo solidario de libros de texto. Curso 2024/25

  •  Publicación de listaxes provisionais: día 28 de xuño (taboleiro interior e na propia aplicación).
  • Reclamación ás listaxes provisionais: días 1 e 2 de xullo (no centro escolar).
  • Publicación de listaxes definitivas: día 3 de xullo (taboleiro interior e na propia aplicación).
  • Entrega de libros de texto do fondo ás familias de 3º e 4º de Primaria: en setembro en data e hora que se comunicará previamente.
  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 1 de xullo ao 5 de xullo. Os vales que queden sen entregar poderán recollerse a partires do día 1 de setembro en Administración/Secretaría.

A dirección.

Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor

 

Publicación da listaxe de requirimentos de corrección de Bolsa comedor, convocatoria 2024/2025

 

Publicouse no Taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información referente á convocatoria para a concesión das axudas municipais para o pagamento de comedores escolares no curso escolar 2024/2025: 

  • Publicación da listaxe de solicitudes presentadas.

  • Publicación da listaxe de corrección de documentación.

O prazo para presentar a documentación requirida é do 25 de xuño ao 8 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos.

Pódese consultar toda a información no seguinte enlace:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/inicio/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2024-2025/suceso/1453870138933

 

 

 

 
 

Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2024/25

Dende o centro educativo poñémonos en contacto con vostedes para comunicarlles que foi publicado no DOG do 20 de maio de 2024, a apertura do prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

Instrucións

Prégase a presentación telemática de forma preferente tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.
Aquelas familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo respectando na medida do posible as quendas que máis abaixo se indican.

Horarios entrega solicitudes

As solicitudes entregaranse presencialmente, preferentemente, do seguinte xeito:

  • Do 21 ao 27 de maio, alumnado que cursará 1º ou 2º de Primaria.
  • Do 28 de maio ao 3 de xuño, alumnado que cursará 3º ou 4º de Primaria.
  • Do 4 ao 8 de xuño, alumnado que cursará 5º ou 6º de Primaria (só solicitude de material).
  • O alumnado que se matricule en 1º da ESO deberá presentar a solicitude no instituto asignado. No caso de que non saiban que instituto se lles asignou presentarán a solicitude no noso centro educativo e será remitida ao IES correspondente en canto a familia nolo comunique.
  • Aquelas familias que teñan varios fillos/as matriculados no noso centro só presentarán unha solicitude para todos os irmáns.
  • Rogamos, na medida do posible, que respecten as quendas propostas para presentar as solicitudes.

Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos en conserxería.

a) Anexo I e II (entregar debidamente cubertos e asinados).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación o divorcio, ademais, deberán aportar la sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

En casos especias, nos que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, aportarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d) Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

f) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres no se produza a revisión desta medida.

g) Resolución administrativa o xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela o garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, en caso de que o pai, a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

i) Outra documentación que consideren necesaria.

Bolsas comedor para o curso 2024/25

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

  • na sede electrónica municipal

 https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

  • no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

Resolución bolsas estudo MEC 2023/24

Hoxe saíu publicada a resolución definitiva das bolsas de ESTUDO DO MEC. CONVOCATORIA XERAL CURSO 23/24.

Pódese interpoñer recurso de reposición ata o día 22 de abril de 2024.

O documento do recurso, así como a documentación terá que presentarse do seguintes xeitos:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
Destinatario:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS. SECCION DE BOLSAS DE ESTUDO

Bolsas de Estudos

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

 

Bolsas de estudo MEC 24/25

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

• Bacharelato

• Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos

de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos

en centros públicos e privados concertados

• Formación Profesional de grao medio e de grao superior

• Ensinos artísticos: profesionais e superiores

• Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

• Ensinos deportivos

• Estudos relixiosos superiores

• Formación Profesional de Grao Básico

• Ensino universitario: Grados, Máster...

COMO SOLICITALA?

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA.

https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. REXÍSTRATE.

➔ Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

➔ Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

Con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

3. ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

4. IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACIÓN. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN:

DIRECCIÓN PARA REMITIR DOCUMENTACIÓN Á UNIDADE DE BOLSAS:

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos. Sección de Bolsas de Estudo

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

➔ PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

➔ PARA MAIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es

➔ DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRÓNICO

➔ Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Admisión alumnado - Curso 2024/25

Proceso admisión

  
Documentación: 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Admisión alumnado 2024/25

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición (IES A Sardiñeira)

 

Prazo de presentación da solicitude de reserva do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

 

Para máis información prema aquí:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

Impreso reserva de praza IES A Sardiñeira

Listaxes definitivas bolsas comedor 2023/24

Onte, 9 de outubro de 2023, publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos...

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/

- Taboleiros dos centros cívicos municipais

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut