Skip to Content

Blogues

XOGANDO CO ATLETISMO

O xoves 30 de novembro foron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria os que disfrutaron dunha xornada de Atletismo.

Actividade pertencente ao programa Xogade, onde varios centros da cidade ( Santo Ángel, Inmaculada, Covadonga, Luis Vives, O Couto...) nos reunimos nas instalación da Expourense para practicar probas adaptadas desta modalidade deportiva, como o salto lateral, salto horizontal, velocidade, lanzamentos, remudas....

Toma de contacto co deporte, uso de instalacións oficiais, xogo, convivencia...Unha experiencia completa.

Agradecer a organización ao Servizo de Deportes e a dinamización aos estudiantes do Ciclo Superior de Actividades Físicas e deportivas da Farixa.

DANZA ÉUSCARA

25 N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Compartimos o vídeo da danza éuscara "Erre Zenituzten" para que a  vaiades ensaiando para bailar todos xuntxs.

danza

 En recordo de todas aquelas mulleres, adiantadas á súa época. O seu recordo vive na natureza e en cada un de nós

Musika: Larrabetzuko Bizkargi Dantza Elkarteko gazteek egindako koreografia Xabi Solanoren "Erre Zenituzten" kantan oinarrituz

 

MENÚ DECEMBRO

 PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR

AGORA QUE SE ACHEGA O #25N

O día 25 de Novembro celébramos o día contra a violencia de xénero.

Compartimos algunhas actividades que fixemos.

Educación Plástica e Visual- Mural colaborativo co alumnado de 6º EP

cartel 25N

Música e E. Física Erre zenituzten-Danza. Homenaxe a todas as persoas adiantadas á súa época que sufriron a persecución, a violencia e a discriminación. 

danza 25N

Aula de música: Titorial para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

Charlas e presentacións a cargo do equipo de benestar e convivencia. Enlace

CROS

O pasado martes e mércores varias nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron na Fase Previa Comarcal Escolar de Cros no Complexo Deportivo de Monterrei.

Foron moitos as e os participantes doutros centros educativos: A Inmaculada, Luis Vives, Manuel Sueiro, Santo Ángel, Eiroás, Mestre Vide, Prácticas... 

Unha xornada de convivencia onde puideron practicar unha modalidade deportiva moi esixente, e na que o noso alumnado representou ó CEIP Vistahermosa dunha maneira espectacular. 

Foron cinco corredoras e corredores os que participaron na Fase Final Comarcal do sábado, onde claramente dominaron os clubes da cidade, pero na que tres dos nosos campións e campionas se clasificaron para o Provincial, que terá lugar o 16 de decembro en Ribadavia.

Noraboa a todas e a todos os participantes.

Velaquí unha mostra do acontecido.

 

 

MAGOSTO 2023

O pasado venres disfrutamos dunha estupenda xornada de magosto.

- Circuito de Xogos Populares (pano, sogatira, comba, zancos, chave, carreiras de sacos...) En equipos formados por nenas e nenos de todos os cursos, favorecendo a responsabilidade nos maiores e a socialización e autonomía nos pequenos.

- Manualidades: cestiños de castañas.

- Comida tradicional: bolos preñados e castañas.

Velaquí unha pequena mostra do acontecido.


CARREIRA DE SAN MARTIÑO

Gran representación do CEIP Vistahermosa na XLVI Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Os máis maiores levaron xa a semana pasada unha camiseta conmemorativa de agasallo pola súa participación.

Pero hoxe foi o día dos máis pequenos e pequenas, que recibiron a súa medalla polo gran esforzo realizado.

Noraboa a todos e todas!!

  

 (Tocade na imaxe para ampliar)

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

MENÚ NOVEMBRO 2023

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

DÍA DE SAMAÍN

Intenso día de SAMAÍN con moitas actividades:

- Tradicional exposición de cabazas con lema en galego

- Obradoiros terroríficos de receitas, maquillaxe e manualidades

Desfile, baile e entrega de agasallos do concurso de debuxos e historias organizado pola ANPA

 

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola colaboración para que este día fose tan "horripilante"

Distribuir contido


by Dr. Radut