Skip to Content

Ed. Infantil

SAÍDA PRAIA DE SAMIL, infantil

Os nenos e nenas de infaltil, desfrutaron coma nunca dun día na praia facendo o que máis lles gusta: xogar coa area e a auga.

Tamén demostráronnos que van crecendo na súa autonomía porque necesitaron moi pouca axuda para as accións cotiás tan importantes como: vestirse, desvestirse, sacar-gardar as cousas na mochila...

Parabens!!

Teatro Pingüín

Hoxe desprazouse ao Auditorio o alumnado e as mestras de EI para desfrutar da representación "Pingüín".

Obra premiada ao mellor espectáculo no World Arto Festival of Puppets de Praga en 2004 e Premio á mellor proposta dramática na Fira de Titelles de Lleida no ano 2000.

Esta obra aborda o tema da difícil situación á que se enfrenta un neno cando ten que compartir o cariño e a atención da súa familia cun novo irmán que chega. O noso "príncipe destronado" deberá superar esta proba dándose conta de que gañou unha amizade para toda a vida.

Aprender a compartir e madurar coma persoas.

GRADUACIÓN 6º DE INFANTIL

Xa estamos a piques de rematar este curso, co que finaliza unha fermosa etapa chea de vivenzas que non imos esquecer.

A titora Laura e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos,

MOITA SORTE EN PRIMARIA!

promoción inf 2023 

Os nenos e nenas de 6º de infantil xa están listos para que xogues con eles a gradualos/as  

a

"FEO" de Caramuxo teatro.

Hoxe o alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación. 

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente... 

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

 

 

MIRA QUE BOCA

Hoxe visitounos o Hixienista do centro de saúde "Novoa Santos", para sensibilizar aos escolares de infantil da importancia que ten unha alimentación saudable e o cepillado de dentes para unha boa saúde buco-dental. Tamén ensinounos como cepillar os dentes e recordounos que se debe facer como mínimo tres veces ao día despois de cada comida, durante 2 minutos.

PROMOCIÓN 2019-2022, 6º de Infantil.

vivenzas graduados 6º inf

 

 A titora Tere e todas as profes que estivemos con vós en infantil, desexámosvos ... MOITA SORTE EN PRIMARIA!

EMERXENCIA, XOGO SIMBÓLICO

En infantil, xogamos a resolver unha emerxencia e asi tamén lle dimos unha utilidade ao noso teléfono que comunica a aula de 4º coa de 5º de infantil. 

O NOVO PARQUE DO CEIP VISTAHERMOSA

Os máis peques do cole xa teñen un novo parque.

Así de contentos/as disfrutan tódolos días.

 Dedicado á Promoción 2017-2020 -  Con moito agarimo, a profe Ángeles

Unha maneira divertida de aprender seguridade vial, dirixida, neste caso, ás alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil.

Esta actividade está dentro do programa de actividades ofertado polo Concello de Ourense para este curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut