Skip to Content

Blogues

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES

O luns as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar do XIX Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais ofertado polo CCP Xaquín Lourenzo e a Deputación de Ourense.

Unha actividade na que xa imos participando dende hai anos e que nunca defrauda.

Este ano practicaron con aros, zancos, peóns e outros xogos tradicionais da cultura galega.

TOCA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

OS MANDADOS DO MECO

Chega o Entroido a Vistahermosa!  E o Meco Manda

1, 2 , 3 ... A CONTAR OUTRA VEZ

O Meco está inspirado e un conto che vai contar,

presta moita atención xa que o vas ter que imitar.

Estes son os mandados do Meco que comezarán a semana que vén (non son acumulativos.)

O meco manda

Moitas grazas pola vosa colaboración familias.

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 6º de Primaria participou hoxe na actividade "Encontros co autor" pertencente ao Programa de animación á Lectura dinamizado polo Concello de Ourense.

As nenas e nenos leron nestas últimas semanas a obra "Segredos Soterrados" de Xabier Domínguez e Alba de Evan, a quen puideron coñecer hoxe e aprender máis sobre o seu traballo.

Tocade na imaxe para ampliar.

 

 

MENU FEBREIRO

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

DÍA DA PAZ

Onte conmemoramos no cole o Día da Paz:

- Decoración da entrada do cole con cubos de bos desexos e pombas da paz nun enorme e máxico mural

- Lectura dun manifesto por parte dos maiores do cole

- Os nenos e nenas de infantil limparon o centro de malas palabras e desexos feos, acompañados da canción "Varre vasoira" de Fillas de Cassandra.

- Interpretación do Himno da Alegría coas flautas. 

- Canción e acompañamento instrumental de "O mundo é grande" coa música de "O reloxo sincopado" de Leroy Anderson.

- Cancións e danzas grupais.

 

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

O RELOXO SINCOPADO

O mundo é grande. Canción para o día da Paz

A música é de Leroy Anderson "O reloxo sincopado" e a letra de Tomi López 

Proposta didáctica:

música aula

Estrutura da canción: AA'BCAA'

PARTE A: Sentados en círculo, cunha goma na man dereita,  pasala á compañeira/o que está á esquerda.

PARTE A': Cambiar a  goma de man e pasar a pelota a quen estea sentado á nosa dereita.

PARTE B: Coller a goma e cambiala de man.

PARTE C- instrumental. Acompañar a canción con instrumentos de percusión de metal. Diferenciar os sons longos e curtos.

MÚSICA E MOVEMENTO: XOGAMOS CO PARACAÍDAS

musica e movemento

Alumnado de 5º de Educación Infantil

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para novo alumnado. 

Todos os MARTES de  FEBREIRO de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 17:00 (agás entroido)

 

Tamén podedes solicitar cita previa por teléfono ou co QR da imaxe.

 

ANIMÁDEVOS A COÑECERNOS!

 

(Tocade na imaxe para ampliar).

Galego Escolar de Cros

O pasado sábado 13 de xaneiro celebrouse o Campionato Galego de Cros Escolar no Circuíto A Veronza, en Ribadavia. Unha cita á que asisten as mellores marcas de Galicia, os clasificados das catro provincias, e o CEIP Vistahermosa estivo presente.

Laura González (5º de Primaria) sorprendeunos no Campionato Provincial ca súa impresionante marca que a fixo pasar directamente á fase Galega. Como non podía ser doutra maneira, neste caso, tamén fixo unha carreira estupenda, estando ao nivel das mellores corredoras galegas que adestran nos diferentes clubes da comunidade.

Noraboa Laura!!!

E moitas grazas á familia polo voso tempo e implicación.

Laboratorio: Os elementos dun circuíto

A corrente eléctrica circula nos nosos fogares a través de circuítos eléctricos que a distribúen por todas as habitacións. Estes circuítos eléctricos permiten que se ilumine a lámpada cando acendemos un interruptor ou que se poña en marcha un electrodoméstico ao enchufalo á rede.

EXPERIMENTO para identificar os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. 

circuíto eléctrico de salial

Distribuir contido


by Dr. Radut