Skip to Content

5º e 6º Primaria

Día Internacional da Familia

O 15 de maio celébrase o Día internacional da Familia, e para nós, a nosa familia é marabillosa, difícil de describir, con imperfeccións, única e especial... Non importa o grande ou pequena que é, a casa onde vivamos ou o país de onde veñamos... Chegamos á conclusión de que o realmente importante na familia é o AMOR, é o que nos axuda a medrar, sobre todo por dentro.

Aquí vai a nosa homenaxe para vós, queridos/as mamás, papás, avós e avoas, irmáns e irmáns, curmáns, tíos/as, mascotas... Grazas por formar parte do noso equipo! Querémosvos un mundo!

 

Símbolos Xacobeos

O alumnado de 5ºB investigou sobre os símbolos do Camiño de Santiago: a figura do peregrino e a súa evolución co paso do tempo, a catedral de Santiago, as frechas e fitos, a Credencial e a Compostela, o Botafumeiro, o Códice Calixtino... Unha vez recada a información e organizada nunha cartolina, compartimos o que aprendimos cos nosos compañeiros e compañeiras. Esta foi quizais a parte que máis dificultades nos presentou porque falar en público, aínda que o practicamos, fai que nos poñamos un pouco nerviosos/as... pero fixémolo moi ben, como podedes comprobar no vídeo.

 

STOP CONTAMINACIÓN!

Entrevista exclusiva

O alumnado de 5ºB remata esta avaliación ao grande: entrevistando á Raíña Isabel e ao seu Garda Real que acaban de realizar o Camiño de Santiago neste ano Xacobeo, o que relatan como unha “experiencia máxica que todos deberíamos realizar algunha vez”.

Non vos perdades as declaracións exclusivas que conseguiron os nenos e as nenas de 5º con axuda de Libruxa.

Distribuir contido


by Dr. Radut