Skip to Content

VISITA DO BURELA FS

Durante esta semana o alumnado de 3º e 4º de EP gozaron da presenza dos mellores profesores/as de fútbol sala que se poidan atopar.

 

As xogadores e xogadores do CD Burela FS participaron nas sesións de EF, onde estamos traballando diferentes aspectos motrices a través do fútbol sala, para aconsellarnos na mellora técnica dos fundamentos básicos deste deporte.

 

Jenny, Dany, Peque, Cilene, Antón, Kaluza, Rikelme e Alberto amosaron os seus coñecementos ao noso alumnado, que se amosou moi contento coa súa presenza. Tamén lles falaron dos seus éxitos deportivos e de como afrontar a derrota. Todo coordinado por Yago Loureiro e coa inestimable axuda de Alfonso Mera.

 

Quedamos moi satisfeitos/as co cariño que amosaron en todo o momento e desexamos que acaden os seus obxectivos profesionais que se propuxeron a principio de ano.

 

Moitas grazas á familia laranxa!

 

 



blog | by Dr. Radut