Skip to Content

Viaxe a Santiago de Compostela

Hai xa uns días o noso alumnado de sexto de primaria viaxó ata a capital da nosa Comunidade Autónoma para visitar as institucións: A Xunta de Galicia e o Parlamento. 

Previamente fixemos unha parada moi enriquecedora no "Museo do Pobo galego". Alí tivemos ocasión de  descubrir un pouco do noso pasado. As actividades de grupo animaban a percorrer as diferentes salas e reparar nos obxectos que alí se gardan.

Foi unha xornada moi intensa e moi aproveitada.

 

 



blog | by Dr. Radut