Achegamos información sobre o actual protocolo da xestión epidemiolóxica ante a aparición de casos COVID-19:
1. CASOS CONFIRMADOS DE COVID-19
Realizarase illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron. Se non tivo síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a recollida da proba diagnóstica.
2. CONTACTOS ESTREITOS
2.1. Se o contacto se deu FÓRA DO CENTRO educativo:
O contacto deberá quedar en illamento domiciliario seguindo as indicacións do persoal sanitario correspondente, e avisarase ao centro da situación.
2.2. Se o contacto se deu NO CENTRO educativo (aula, comedor, actividade extraescolar...):
2.2.1. En unidades con catro ou menos casos positivos ou que non superen o 20%:
Os considerados contactos estreitos do caso positivo non farán confinamento salvo que se trate de persoas inmunodeprimidas ou presente síntomas. Con todo, durante 10 días serán obxecto de vixilancia e deberán cumprir ao máximo coas medidas de prevención (uso de máscara, mantemento de distancia de seguridade, evitar visitas a persoas de risco, reducir interaccións sociais…).
2.2.2. En unidades con cinco ou máis casos positivos ou que superen o 20%:
O persoal técnico da Xefatura Territorial de Sanidade realizará un estudo epidemiolóxico identificando os contactos estreitos, os cales recibirán un test de antíxenos mandado dende o centro para que o realicen na casa.
INFORMACIÓN ADICIONAL:
-
No seguinte enlace podedes consultar as medidas indicadas segundo vixilancia ou corentena na poboación xeral:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Que-facer-contacto-covid
-
No seguinte enlace podedes consultar as instrucións de uso dos test rápidos de antíxenos (páxinas da 6 a 9):
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antixeno_educacion.pdf
Dende o centro mandamos moito ánimo para afrontar a situación na que nos atopamos e apelamos á responsabilidade de todos polo ben da nosa comunidade.
Un saúdo afectuoso,
O Equipo COVID