Skip to Content

Un día pasado por auga... e sen chover

Bélxica 2013 - 6ª Etapa

Ler máis (fotos) 

Hoxe levantámonos máis tarde do normal. Eran as 8:00 da mañá.

Despois dun longo almorzo, fomos no autobús ata un barco belga chamado Zander no lago Zilvermeer, onde nos explicaron a función das esclusas: o barco entra nun depósito e pechan as comportas para quitar ou enchelo de auga segundo queiramos ascender ou descender de nivel.

Despois dun agradable paseo en barco, fomos paseando ata o parque chamado Sunparks, onde repuxemos forzas para logo ir aos tobogáns e ás atraccións acuáticas que nos ofrecen estas instalacións.

Hoxe imos cear ás 20:00 horas e logo poderemos desfrutar da final da Champions League.

Un saúdo para as familias e compañeiros que están lendo isto desde Burela.

Retie, sábado 25 de maio de 2013.

Redactores: Saúl, Alberto, Jairo, Yeremay e Alfonso.


 



blog | by Dr. Radut