Ola peques, chegamos á que sería a derradeira semana de cole na que estaríamos tod@s nervios@s preparando o festival de fin de curso, a semana de entrega das notas, de despedidas, de alegrías porque comezan as vacacións.
Esta semana non vos imos propoñer actividades novas, sabemos que xa estades cansos, pensando no verán e na praia. Ainda que hai que andar por ahí con moito sentidiño, xa apetece tomar un descansiño. Así, podedes ir rematando os cuadernillos interactivos que tedes adxudicados na páxina de Liveworksheets, entrando coa mesma conta de usuario e contraseña que tedes dende o principio.
Aqueles que queirades seguir repasando un pouquiño durante o verán podedes retomar calquera das propostas feitas ao longo destas semanas neste blog, xa que vos quedarán ahí colgadas para que volvades a elas cando queirades. Tamén vos deixamos un cuadernillo interactivo de repaso global para que, durante as vacacións, non olvidemos o que fumos aprendendo estes meses.