Ola peques, comeza outra semana e con ela unha nova proposta de actividades. Xa sabemos que cada vez costa máis poñerse a traballar, que estades cansados e que parece que o cole queda moooooi lonxano, pero debemos seguir repasando un pouquiño, neste caso un caderno interactivo de mates. Esperamos que vos esté resultando máis ameno e motivador facer o traballo online, ainda que sabenos que algunhas fichas da semana pasada deron problemas coas correccións, xa que depende moito da configuración da ficha no propio programa: orden das palabras, maiúsculas, espazos, tildes, sílabas...
A maneira de entrar é igual que a semana pasada. Dende esta entrada do blog, empregades o voso nome de usuario e contraseña. Agora apareceranvos adxuntados o caderno de lengua castellana da semana pasada, para aquel@s que teñan algo pendente, e dous cuadernillos de mates con estes títulos:
-Para empezar: cuadernillo para esta semana de mates. Con este cuadernillo é suficiente.
- Para continuar: aquel@s que rematen o anterior, e queiran seguir repasando algunha cousiña de mates, poden acceder a este caderno e ir elexindo as tarefas que máis lles chamen a atención.