Skip to Content

8ª SEMANA. NOVAS PROPOSTAS 2º E.P.

    Ola de novo peques, comeza unha nova semana e, como sempre, vos propoñemos unha serie de propostas para que vaiades facendo. 

    Decidimos prepararvos unhas actividades sobre a multiplicación, tendo en conta que xa empezaramos a traballar na aula antes do confinamento este contido. Recordar sempre que se trata dunha iniciación á multiplicación, a través da suma e da súa construcción seguindo diferentes estratexias e xogos, nunca memorizando as tablas directamente. Os nen@s teñen que saber de onde veñen, como se constrúen, entendéndoas a través dun pensamento lóxico e razoado, e non debemos presentárllelas xa construídas, senon que teñen que ir creándoas el@s mesm@s, pouco a pouco e seguindo un orden. 

    A continuación vos deixamos un PDF para descargar con actividades relacionadas coa tabla do 2, 3 e 5. Na primeira folla aparece un pequeno recordatorio das diferentes estratexias que traballamos na aula para ir entendendo a multiplicación:

     

 

     Ademáis, para ir recordando algunhas cousiñas que fumos traballando nas linguas, propoñémosvos xogar a un Trivial de lingua. Podedes descargalo en branco e negro e ir pintando as tarxetas e o taboleiro das cores que se propoñen. Levará un pouquiño de tempo pero despois será divertido xogar en familia. Recordade ler mooooi ben as regras do xogo!!!! 

 

   E, finalmente, un xogo online. Hai alguén atrapado detrais da porta encantada e só pode saír se lle axudas a averiguar o número secreto averiguando as diferentes pistas para ir abrindo os diferentes candados. Paciencia e moooita concentración.  

 

 



blog | by Dr. Radut