Ainda que normalmente no cole celebramos o 23 de abril como o Día do Libro, quería recordarvos que hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil ao coincidir esta data co nacemento do escritor Hans Christian Andersen.
Libruxa, dende a biblio do cole, pensou que vos gustaría celebrar este día dende as vosas casas...LENDO! polo que vos deixou no blog da biblio a súa particular selección para que poidades ir elexindo: ler, escoitar, recitar, rimar e incluso crear...
(preme na imaxe)
Espero que vos guste e pasedes un ratiño divertido en contacto "virtual" cos contos, sobre todo aquel@s que xa lesen estes días a maioría dos que tíñades nas vosas casas.