Skip to Content

2ª SEMANA. NOVAS PROPOSTAS

 

 Ola a tod@s de novo, espero que este confinamento estea sendo o máis levadeiro posible dentro do que cabe, con ánimo e sen desesperanza. Despois de ler os vosos correos, estamos ao tanto das vosas dúbidas, inquietudes e tamén suxerencias. Actualizamos hoxe as nosas propostas para ir facendo ao longo da vindeira semana. Botádelle un vistazo, vade elexindo a que máis vos guste para empezar e a seguir!!!!

  Para Mates:  

 

 

Para E. Plástica e Linguas: 

 

 Mandade algunha foto do resultado final desta actividade, para a montaxe en vídeo.

 Pero tamén hai que liberar enerxía e esta é unha boa oportunidade de mover o equeleto todos xuntos. Animádevos e a bailar un pouquiño!!!

 Premede na páxina que vos aparece abaixo e veredes 16 coreografías infantiles de pelis e cancións moi coñecidas por tod@s: 

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/16-videos-just-dance-para-que-los-ninos.html

 

 Como suxerencia, tamén vos recomendamos ir recompilando todo o traballo que se vaia facendo na casa na carpeta dos nen@s e así, á volta, poidamos facer un "CADERNO DE BITÁCORA", xunto co material que cada un/unha aínda ten no cole das diferentes materias. 

  É importante que mandedes algunha foto, como algúns xa estades a facer, á nosa conta de correo daquelas actividades nas que se vos pida fotos, como a do acróstico de Rosalía ou algún acróstico que fagadas pola vosa conta, poemas ilustrados, algún libriño ou historia que xa rematárades (recetario, diario, contos...), a actividade das fiestras...así poderemos facer un vídeo para que tod@s vexan o que están a facer os seus compis. Seguro que tamén é moi motivador para ele/as ver as súas creacións colgadas no blog do curso. 

  Recordámosvos tamén que os blogs das especialidades tamén están actualizados con recursos e actividades que podedes consultar.



blog | by Dr. Radut