NOVOS RECURSOS PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Estimadas familias,
despois de falar con vós e de que nos contárades a vosa experiencia e as vosas inquietudes, ímosvos deixar algúns enlaces e suxerencias para que poidades seguir axudando ás vosas fillas e fillos nos vindeiros días.
O que aquí vos deixamos intenta ser unha resposta ao que nos pedístedes, recordade que son actividades para facer con carácter voluntario.
Lembrade que temos o correo electrónico para seguirmos en contacto: 1curso.alegre.vista@gmail.com
Área de Matemáticas:
Ademais das propostas que tedes na anterior entrada, deixámosvos uns enlaces nos que atoparedes máis actividades de repaso:
Tamén vos deixamos o enlace á canción que tanto vos gusta dos números ata o cen:
Jack Hartmann, contar ata 100 en español
Área de Lengua:
Podedes atopar ideas para traballar a ortografía, a comprensión lectora e a expresión escrita neste caderniño de repaso e tarefas para facer na casa.
E o LIM do peixe arcoiris, para que os que aínda non puidestes levar o libro da biblio, o poidades ler, escoitar e facer as actividades. (Mellor usar Internet Explorer para abrir os LIM, e comprobar a configuración do Adobe Flash Player para evitar que o bloquee).
Área de Ciencias:
Por se queredes saber un pouco máis sobre o tema do noso proxecto de centro “Miramos polo noso Mar”, e para que repasedes o que aprendimos na nosa visita ao Oceanográfico e ao Acuario de Gijón, aquítedes un enlace que vos pode resultar interesante.
Tamén vos suxerimos que, se queredes, todo o que vaiades facendo (diario, cartas para os vosos compañeiros, debuxos,...) o gardedes nunha carpeta, para así á volta elaborar un Portfolio que recompile todo ese traballo.
E non vos esquezades que nos blogues de Inglés de Marcos, Educación Física de Julián, Apoio PT-ALde Rosana e Patricia e Relixion de Urbano tedes unha morea de actividades interesantes!