Skip to Content

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.

Resultado de imagen de día da poesíaResultado de imagen de día da poesía

 

 

   Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía. Como soemos facer no cole para celebrar este día, intentamos propoñer aos nos@s nen@s unha actividade conxunta que relaciona o día da poesía, día de Rosalía e a temática do noso proxecto anual do centro, o mar. 

  Neste momento de cuarentena, nunca houbo tanto tempo para nós mesm@s, para a familia, para ler, para xogar cos nosos, para facer na casa cousas pendentes...para crear c@s nen@s poemas orixinais e creativos a través de xogos de palabras, rimas, ritmos, musicalidade...

    PROPOSTA 1:  Rosalía de Castro non ten moitos poemas marítimos ou sobre o mar, por iso decidimos, alá por xaneiro, partir dunha ilustración de Miguelanxo Prado titulada "Rosalía e o mar", que os pequeniñ@s de 3 anos de infantil xa estaban recreando en formato plástico para este día.

Resultado de imagen de rosalía e o mar

     O resto do alumnado de infantil e de 1º ciclo daríalle vida a través das palabras creando ACRÓSTICOS co nome de Rosalía con rimas relacionadas co mar. 

   Para isto, ahí vos deixo un pdf cunha plantilla para descargar ou copiar nun folio ou cartulina e facer o voso acróstico e, ao lado, unha pequena ilustración do mesmo:

 

     

 

  Así como algún exemplo de acrósticos para que vos poda axudar: 

 

Resultado de imagen de acrósticos ejemplosResultado de imagen de acrósticos ejemplos

 

Resultado de imagen de acrósticos ejemplos

 PROPOSTA 2: seleccionamos  algúns poemas  que están relacionados coa temática do noso proxecto anual de centro, o mar.

      As actividades que propoñemos son moi sinxelas :

 

  • Lede os poemas e animádevos a facer vós outro poema cambiando as rimas finais, elexindo unha estrofa e continuar con outra creada por vós, xogar cos versos e elexir varios ao azar de varios poemas e despois xuntalos para crear un novo... 
  • Tamén podedes facer unha ilustración ou debuxo dalgún dos poemas que máis vos gustou.

 

 

Animádevos a elexir unha destas dúas propostas, a xogar coa palabra Rosalía e as rimas do mar, as súas cores, sons, animais, oficios...Cando teñades listo o voso acróstico, poema ou ilustración enviade unha foto a esta dirección de correo e logo veredes un vídeo co resultado: 

2curso.alegre.vista@gmail.com

 



blog | by Dr. Radut