Skip to Content

Informes e comunicados

Informes e comunicados

CAMPAMENTO VERÁN NO CEIP VICENTE RISCO: MESES DE XUÑO E XULLO

Comezamos este curso o noso campamento de verán.

Será do 23 de xuño ao 30 de xullo en horario de 9:00 a 14:00.

Se alguén aínda quere anotarse nestas datas, aínda está a tempo. E se coñecedes a alguén de fóra do cole que estea interesado tamén pode anotarse sen problema.

Para calquera consulta que teñades non dubidedes en preguntar.

 

AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

 

 

Achegamos información sobre as Axudas Municipais Escolares- Curso 2021-2022

 

O prazo de presentación de solicitúdes será  do 10 de xuño ao 07 de xullo (ambos incluidos).

 

As solicitúdes presentaránse a través da carpeta cidadán do concello de Vigo ou presencialmente mediante cita previa.

 

Poderáse pedir cita a partir do luns día 7 de xuño

As axudas de libros e material escolar o proximo curso pasan de 85€ a 100€/ alumno. Estas axudas son para alumnas/os de educación infantil.

Nos arquivos adxuntos está toda a información, así como os anexos necesarios para pedir a axuda.

 

Plan de ensino virtual ante o Covid-19

Aquí podedes consultar o Plan de ensino virtual ante o Covid-19. Tamén está publicado na Aula virtual, No apartado Plans Covid, onde entratdes como convidados e xa tedes acceso aos diferentes Plans.

 

Novos protocolos COVID publicados

Bos días:

Acabamos de publicar os novos protocolos sobre o COVID.

- Protocolo de adaptación ao contexto Covid-19 (04-11-2020)

- Protocolo ventilación covid

Podedes acceder a eles na pestaña superior (onde pon PLANS COVID). Accededes como convidados e podedes velos sen problemas.

Un saúdo

A directora

 

 

 

Circular Convocatoria Constitución Xunta electoral Consello Escolar

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

 De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación doCONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

  A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 - O director ou directora do Centro.

 - Un profesor ou profesora.

 - Un pai ou nai ou titor legal.

 - Un representante do persoal de administración e servizos

 Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo luns, día 26 de outubro, ás 9.30 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 Vigo, 22 de outubro de 2020

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo: Sandra Fernández Vidal

Vacacións entroido

Hoxe comezan as vacación de entroido.

Volvemos o vindeiro xoves 23 de febreiro.

Pasádeo moi ben!

 

RESUMO PROTOCOLO COVID CEIP VICENTE RISCO

Adxuntamos o PROTOCOLO COVID DO CEIP VICENTE RISCO, PLAN DE CONTINXENCIA E PLAN DE ACOLLIDA

CALENDARIO ESCOLAR 2020-21

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut