Skip to Content

Informes e comunicados

Informes e comunicados

COMEZO DAS CLASES

 

O vindeiro xoves 8 de setembro volvemos a clase.

Todo o alumnado entrará ás 9:00. (As portas abriranse ás 8:55 para que os nenos e nenas vaian á súa fila). Os de Infantil poderán ir acompañados dalgún familiar.

 

Este mesmo día comeza o comedor escolar.

 

 

 

 

 

BECAS NEAE

 

Lembramos que o vindeiro 30 de setembro de 2.022 remata o prazo para as solicitudes das becas n.e.a.e.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022

PORTAS ABERTAS

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN. CURSO 2022/2023

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.


CURSO 2022/2023


O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.


FAMILIAS


As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.


As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear


Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

No arquivo adxunto está o modelo de presentación.

 

Eleccións ao Consello escolar

 

APERTURA DO PROCESO E  CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
    
                                   


De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

    A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

    - O director ou directora do Centro.
    - Un profesor ou profesora.
    - Un pai ou nai ou titor legal.
    - Un representante do persoal de administración e servizos
       
    Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo venres, día 29 de outubro, ás 9.15 horas.

    Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
    
    Vigo, 25 de outubro de 2021
    
    A DIRECTORA DO CENTRO,

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2021-2022

Becas

 

O prazo remata o 30 de setembro.

Becas e axudas para o alumnado con necesidade de apoio educativo para o curso 21-22.

Acceder

 

MODALIDADES

  • Ayudas y subsidios para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo derivada de discapacidad o trastorno grave de conducta (incluye afectados por TDAH).
  • Ayudas para programas complementarios a alumnos con necesidad específica de apoyo educativo asociada a altas capacidades.

 

 

Acceder

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 21-22: PRINCIPAIS DATAS

 

DÍA MES LENDA
Xoves 9 SETEMBRO Comezo do curso
Luns 11 OUTUBRO Día do ensino (Festivo)
Martes 12 OUTUBRO Festivo
Luns 1 NOVEMBRO Festivo
Luns 6 DECEMBRO Festivo
Martes 7 DECEMBRO Día non lectivo escollido (Pendente de aprobación)
Mércores 8 DECEMBRO Festivo
Mércores 22 DECEMBRO Entrega notas 1ª avaliación
Do 23 ao 31 DECEMBRO Vacacións de Nadal
Do 1 ao 9 XANEIRO Vacacións de Nadal
Luns 28 FEBREIRO Vacaación de Entroido
Martes 1 e Mércores 2 MARZO Vacacións de Entroido
Venres 25 MARZO Entrega notas 2ª avaliación
Luns 28 MARZO Festivo (A Reconquista)
Do Luns 11 ao Luns 18 ABRIL Vacacións de Semana Santa
Martes 17 MAIO Festivo (Día das Letras Galegas)
Mércores 22 XUÑO Entrega notas 3ª avaliación
Mércores 22 XUÑO Fin de curso

 

 

CALENDARIO DE REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS CURSO 21-22

REUNION FAMILIAS

O calendario de reunións iniciais para as familias é o seguinte:

4º de Educación Infantil (3 anos): Luns 6 de setembro ás 12:30

5º-6º de Eduación Infantil (4-5 anos): Mércores 8 de setembro ás 12:00

1º e 2º de Primaria: Martes 21 de setembro ás 16:30

3º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 17:00

4º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 17:00

5º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 16:00

6º de Primaria: Martes 14 de setembro ás 16:00

 

Nestas reunións só poderá acudir un representante por familia.

 

 

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

 

 

Organización de entradas e saídas



GRUPOS


ENTRADA


SAÍDA


COMEDOR



- 5º - 4º


8:50


13:55


14:00 A 16:00



- 2º - 1º


8:55


14:00


14:00 A 16:00



- 5º - 6º INFANTIL

(Poden
entrar acompañados dun adulto)


9:00

 


14:00


14:00 A 16:00

 

As entradas e saídas serán pola porta da
Rúa Crisantemo.

O profesorado acompañará nas entradas ao
alumnado ata a súa fila correspondente.

O profesorado acompañará ao alumnado nas
saídas ao alumnado que non poida saír só. As saídas serán pola porta pequena da
rúa Crisantemo.

 

 

 

REUNIÓN PAIS E NAIS 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

REUNION IMPORTANTES

Reunión pais/nais do novo alumnado de 4º de E. Infantil ( 3 anos)

 

Día:luns día 6 de setembro 

 

Hora: 12:00 h.

 

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut