Blog de Biblioteca

RECOMENDACIÓNS DE BANDA DESEÑADA

Dende a Biblioteca Municipal dos Rosales, Marta Varela Couto, a súa bibliotecaria, amósanos algunhas novidades de cómic infantil. Sabemos que é un xénero que vos encanta, algúns témolos no cole, outros anotámolos para lelos e mercalos. E ti, tes un cómic favorito? Cal é? As librarías xa están abertas e as bibliotecas tamén, achégate a unha delas e desfruta lendo. 

SEGUIMOS COA ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

Deixámosche aquí a última parte de como facer un traballo, a súa presentación, ademais na última páxina tedes recomendacións de bo uso de Internet, de como escribir un mail, de como detectar os bulos... Esperamos que vos sirva de axuda a pequenos e maiores. 

NOVO RETO!

Fantásticas as vosas torres! Aquí vos deixamos as fotos que nos chegaron, se falta algunha avisádenos e engadímola.

Agora imos cun novo reto:  PODES CONTRUÍR UN BARCO QUE FLOTE? Proba con diferentes materias e experimenta: usa  "corchos", papeis, madeira, plástico... ou outros materiais. Construíche un barco seguro? Pode navegar alguén nel? 

Envíanos as túas fotos ao correo da biblio bibliosbardoscarral@gmail.com  estamos desexando velas!

RETO 1 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

MARTES DE CURTAS

Aquí vos deixamos unha nova curta para ver e analizar. Moito se leva falado nestes días das escolas despois da pandemia, aparecen imaxes de nenos e nenas sentados con mamparas, sos, sen poder xogar uns cos outros... Que opinades disto? Que será das escolas sen traballo en equipo? Parécevos que é máis fácil facer as cousas individualmente ou en grupo? Cales son os pros e os contras do traballo feito entre todos e todas? Mirade o seguinte vídeo e comentádeo en familia, que pensades que nos queren transmitir?

RECORDADES A HISTORIA DE PINGÜI?

Recordas cando fixemos as historias de Pingüi? Pois aquí as deixamos de novo para que lles botedes un vistazo. Recordade que algunhas historias están retocadas de ortografía e concordancia pero non quixemos cambiarlles a súa esencia, así e como escriben os nenos e nenas do CEIP Vicente Otero Valcárcel. 

 

A HISTORIA DE PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

O CLUB DAS LERCHINHAS

Se queredes pasar un rato agradable escoitando os contos das mellores escritoras galegas contemporáneas non vos podedes perder "O  club das Lerchinhas" unha iniciativa de contacontos en liña promovida pola Cidade da Cultura. #aculturasegue 

Picade AQUÍ para ir á páxina. 

Por certo, recibimos algunhas fotos do reto que vos propuxemos, publicarémolas estes días, estade atentos e atentas e.... moitísimas grazas pola vosa participación! Boa finde de parte de Pingüi!

OS MAIOS

Xa acabou o mes de Maio e con el as celebracións de Os Maios! A primavera continúa até o 21 de xuño e podemos seguir gozando co rexurdir da vida: aparecen as flores, cantan os paxariños, chegan os froitos das árbores...

Neste vídeo algunhas alumnas e alumnos do centro mostran como celebraron Os Maios.

(Se algúnha fotografía das que enviáchedes non está recollida neste vídeo, poñédevos en contacto con nós a través do mail: javier.gayoso@edu.xunta.es e solucionarémonolo!)

OS MAIOS CARRAL 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

COMO FACER UN TRABALLO? PARTE 1 e 2.

Mandáronche facer un traballo pero non sabes por onde empezar? Aquí che deixamos un material elaborado polo equipo de biblioteca para iniciarte na búsqueda de información. A semana que ven publicaremos a terceira parte, a que fala de como presentar ese traballo. Mentras tanto aquí vos queda esta pequena axudiña, esperamos que lle saquedes proveito. 

 
 
 

RETO DE CONSTRUCIÓN

Hoxe propoñémosvos un reto de construción. Colle todo o que atopes pola túa casa e intenta construír unha torre igual de alta que ti, canto mide? . Non olvides recoller todo cando remates! Mándanos as fotos coma sempre ao correo da biblio: bibliosbardoscarral@gmail.com 

MARTES DE CURTAS: A ILLA DO LIXO

Este venres día 5 é o Día Mundial do Medio Ambiente, aquí vos deixamos unha noticia do 2013 sobre a illa de lixo do Océano Pacífico. Será hoxe máis grande? Que vos parecen estas imaxes? Como podemos contribuír a parar este desastre natural? 

Na biblio temos a biografía de Greta Thunberg, picade AQUÍ para ver a reseña do libro e, cando poidades, vide buscalo para descubrir a interesante historia desta nena activista medioambiental ou mercádeo na vosa libraría de referencia (debemos coidar o pequeno comercio de cercanías). Recordade: Non sodes demasiado pequenos para facer grandes cousas... 

RECORDAS CANDO...

Este ano non puidemos facer o libro de biografías das deportistas galegas que tiñamos programado dentro do PDI: LEMOS POR DEPORTE, o confinamento deixounos o proxecto a medias pero...  recordades os outros libros que fixemos? Picade AQUÍ e veredes a páxina do proxecto. Tedes que ir á marxe lateral dereita, alí hai unha frecha na que sae un despregabre con toda a información, pon inicio. Toca recordar e repasar para coller folgos e seguir no vindeiro curso! 

OS CONTOS DO CAMIÑO

"Os Contos de Camiño" é unha serie da TVG onde se adaptaron a través da técnica da animación 26 títulos dos álbumes ilustrados máis coñecidos de OQO EDITORA, seguro que moitos vos sonan de contárvolos os vosos profes ou de velos pola biblio. Picade AQUÍ para ir á páxina. Ademais tamén vos deixamos un dado para xogar en familia despois e conversar sobre o que sucedeu nas historias. Esperamos que vos guste esta nova proposta que estimula a expresión oral e a comprensión.

Pica AQUÍ para acceder ao dado orixinal en castelán. 

LETRAS BONITAS

Mandáronche facer un traballo es estas buscando as letras para poñer na portada? Aquí che deixamos uns cantos modelos por se poden servirche, a verdade é que o mundo da caligrafía é enorme, existen milleiros de tipos de letras! Sorprende aos teus compañeiros, compañeiras e profes cun estilo persoal. Practica cos seguintes exemplos.

Na biblio temos unha canle en PINTEREST, a rede social onde se ""pinean" ou gardan fotografías, seguro que a coñecedes, é un filón para os que buscan decoracións, materiais, cociña, ideas... Picade AQUÍ para ir a ela. Eso si, tedes que ter vós unha conta para acceder e vela selección que fixemos así que pedídelle axuda a un maior. Recordade ter coidado con estes temas pois sodes menores de idade e sempre tedes que estar supervisados por un adulto. Internet ten mil cousas boas que nos solucionan a vida, pero tamén ten as súas malas. Diso falaremos outro día... 

Desfrutade da caligrafía! 

QUERES EMPEZAR A PROGAMAR?

Na páxina CODE.ORG picando AQUÍ  atoparás moitas actividades para aprender a programar, é facilísimo, ánimo! Podes convertirte nun experto ou experta programador informático, moitos xogos por resolver e moitos por crear, anímaste? 

MARTES DE CURTAS

Velaquí unha das curtas máis fermosas sobre lectura... Desfrutádea!

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña