O 18 de maio o alumnado de 2º, 3º 4º e 5º de Educación Primaria realizou unha excursión ao parque Marcelle Natureza en Outeiro de Rei (Lugo).
O obxectivo principal do parque é concienciarnos para o respecto e protección da fauna silvestre e a conservación da natureza. Ademais da fauna animal e da flora o noso alumnado gozou dunha entretida exposición artística, con obras fundamentalmente realizadas en madeira e pedra que complementaron a visita.
Ademais, os nosos nenos e nenas desfrutaron da observación dalgúns animais que non podemos ver na nosa contorna : linces boreais, bisontes, cebras, antílopes, lobos, canguros… e mesmo uns simpáticos e rebuldeiros monos. Pasaron un día moi divertido!