Positivos Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de onte,  pola tarde e hoxe ao mediodía comunicáronse dous positivos por Covid-19 no Centro.

Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos que para estes dous novos casos NON se xeran contactos estreitos no Centro por estar en corentena preventiva.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao Centro coma de costume.

Un saúdo, o equipo directivo.

Tour aulas 3 anos

Estimadas familias:

Xa que este ano por mor da Covid non podemos facer unha xornada de portas abertas, deixámosvos un pequeno video para que vexades as aulas e o patio de Infantil. Para coñecer o Centro completo podedes visitar o tour virtual na nosa web.


Proxecto Digicraft no noso Cole

O noso cole foi seleccionado para o Proxecto Digicraft, un proxecto piloto gracias á Fundacion Vodafone, Amtega e a Conselleria de Educación co que traballar de xeito transversal as competencias dixitais como unha oportunidade para un futuro mellor.

Este proxecto, no que participarán as aulas de 6ºB e 6ºC, ten como obxetivo formar a nenos e nenas entre 6 y 12 anos nas competencias dixitais, coa finalidade de que lideren o seu futuro.

O proxecto fundaméntase na aplicación da metodoloxía DigiCraft, que combina o mundo dixital co artesanal, e sobre a que se constrúen unha serie de itinerarios formativos que permitirán aos menores acercarse á competencia dixital dunha forma innovadora, a través do emprego de tecnoloxías emerxentes.

Ofrece aos centros asesoramento e formación para o profesorado implicado, licenzas de acceso aos contidos e guías didácticas para o desenvolvemento de actividades e dotación de tabletas e kits tecnolóxicos. Con eles, traballaranse conceptos como: realidade aumentada, videoxogos, programación básica, intelixencia artificial e robótica. O noso colexio pola súa banda, comprométese a crear un produto final e presentalo. Estamos moi ilusionados!

Trátase pois, de abrir ben os ollos ao mundo que nos rodea e utilizar as ferramentas e linguaxes do século XXI para poder melloralo. O noso alumnado, meréceo!

Positivos Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de hoxe comunicáronse un dous positivos por Covid-19 no Centro. Unha vez efectuada a comunicación, por parte das autoridades sanitarias indícannos que non se xeran contactos estreitos no Centro por ausencia.

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao Centro coma de costume e mantendo as medidas preventivas.

Un saúdo, o equipo directivo.

Xa temos un servidor de DNS propio

Pensando coma sempre na privacidade e seguridade da nosa comunidade educativa, instalamos no centro

cuxa función principal consiste en bloquear a publicidade, mellorar a seguridade e o anti rastrexo dos nosos datos.

Deste xeito aforramos ancho de banda, velocidade de carga das páxinas web e sobre todo non veremos eses molestos anuncios.

Tamén grazas a que somos os que imos xestionar o noso propio DNS, poderemos bloquear todo o contido malicioso que desexemos ou que non se mostren determinadas páxinas web que por algún motivo non queiramos que se carguen.

E por riba é de código aberto.

Axudas para a aula virtual

Sabes que podes converter un PDF a documento editable de Google para poder escribir nel?

E que tamén podes converter os teus traballos escritos a man a un documento de Google?

É xenial para ter todo o teu traballo dixitalizado.

Mira como se fai.


“Sé genial en Internet”

  • “Sé genial en Internet”

É un proxecto para axudar aos menores para navegar con seguridade e confianza nas redes. Xurdiu como resultado da colaboración entre a Policía Nacional, Google e Incibe. A peza fundamental do programa leva por nome Interland, e é un xogo destinado fundamentalmente a nenos/as entre 8 e 10 anos, unha experiencia lúdica interactiva que ofrece unha viaxe a través de catro minixogos nos que o noso alumnado pode poñer en práctica as habilidades necesarias para ser bos cidadáns dixitais e axudar a outros internautas a combater o mal comportamento, suplantadores de identidade, usuarios que comparten demasiado e ciberacosadores.

Positivo Covid-19 no Centro

Estimadas familias,

No día de hoxe comunicouse un novo positivo por Covid-19 no Centro.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Os contactos estreitos:  Xa están identificados e notificados polo Centro e a autoridade sanitaria que gardarán a corentena e instrucións recibidas por sanidade.

  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19(2) pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

Un saúdo, o equipo directivo.

Distribuir contido

Back to top