Novidades no Moodle da Aula Virtual I

A incorporación do editor "Atto" en Moodle.

Novidades no Moodle da Aula Virtual II

Novos botóns no editor "Atto" en Moodle

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación e Formación Profesional PUBLICOU a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a algunha destas situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades.
O prazo para solicitalas remata o 30 de setembro de 2021.


PARA VER TODA A INFORMACIÓN PREME AQUÍ.



 

Recollida Fondo de Libros da Xunta

Estimadas familias: 

Durante o mércores 1 e o xoves 2 de setembro, en horario de 16:00 h ás 18:00 h, entregaranse os libros do fondo libros da Xunta. Recolleranse  polo lateral dereito do edificio B (Primaria). Lembrade que deberá recoller os libros a mesma persoa que fixo a solicitude en maio/xunio. No caso de non poder, a persoa que veña deberá traer unha autorización coa fotocopia do DNI da persoa que fixo a solicitude. 

Grazas e un saúdo.

O equipo directivo.

Fondo Solidario de Libros de texto (FondoLibros)

Estimadas familias,

Tras a recollida do fondo de libros e para axilizar todo o proceso imos adiantar a data da publicación definitiva.

Deste xeito, os vales para adquisición dos libros de primeiro e segundo de primaria e os vales para a compra de material escolar de todos os cursos de primaria estarán dispoñibles a partires do día 13 de xullo de 2021 ata o día 16 de xullo, ambos incluídos en horario de 09:30 a 13:30 h.

Recordade que para realizar esta retirada ten que ser a persoa que asina a solicitude. No caso no que por calquera circunstancia esta persoa non poidese acudir debera autorizar por escrito á persoa que designa para recoller os vales. Sen esta autorización non se entregarán estes vales.

O reparto de libros realizarase na primeira semana de setembro en horario aínda por determinar, á espera das instrucións da Consellería e materia de saúde.

Recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.

Relevo do equipo directivo

Estimadas familias,

Comunicámosvos que a partires de hoxe renovouse o equipo directivo do Centro, tras rematar o período extraordinario polo que foron nomeados os anteriores cargos.

Queremos agradecer a colaboración que tivemos por parte de toda a Comunidade Educativa do CEIP  Valle Inclán e desexarlle todo o mellor ao novo equipo que comenza esta andadura ao fronte do Colexio e que vos presentamos a continuación:

Directora: Carmen María Campo Fernández.

Xefatura de estudos: María Bandín Lamas.

Secretaria: María Fernández Porto.

Aproveitamos a ocasión para enviarlles un saúdo e desexarlles unhas felices vacacións.

O Equipo directivo.

Recollida do Expedente Académico dos alumnos/as de 6º de Educación Primaria

Estimadas familias:

Comunicarvos que a partir do luns 28 de xuño estarán dispoñibles os expedentes académicos dos vosos fillos/as. É a documentación que substitúe ao libro de escolaridade  polo que é moi importante que o recollades canto antes. Tamén porque volo pedirán para facer a matrícula no instituto.

Aproveitamos a ocasión para saudarvos.

O equipo directivo.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E EQUIPOS INFORMÁTICOS.

Estimadas familias

A devolución dos libros de texto e os equipos informáticos, farase desde o día 16 ata día 18, tanto do fondo do Colexio como da Anpa.

Para iso deberanse entregar na aula, a través do propios nenos/as, ou ben facelos chegar ao Centro. Neste caso, deberán vir embolsados e marcados co nome completo e o curso do alumno.

Deberase, tamén, entregar cuberto o impreso de devolución/doazón e solicitude de libros do Anpa que se lles dará ao alumnado ou traelo da casa para o que tedes acceso máis abaixo para imprimir.

Este ano, o proceso de doazón, e moi importante,xa que polas restricións legais que impiden a renovación dos libros, fará que o banco de libros da ANPA teña un pequeno surtido para os libros de 3º e 5º curso do que non dispoñían o curso pasado por ser novos. É, tamén, importante que doedes os de 4º e 6º, xa que están descatalogados e é moi complicado conseguir exemplares novos.

Recordade que este proceso é moi importante porque é unha condición indispensable devolver os libros adxudicados a través dos distintos fondos de libros, xa que é un dos factores fundamentales para a obtención dos libros e os vales do próximo curso.

Informarvos que o prazo para a solicitude do Fondo Solidario da Xunta remata o día 22 deste mes. As listas provisionais publicaranse o día 06.07.2021 . e tras o período de reclamacións de dos días, (7 e 8 de xullo) publicarase a listaxe definitiva o día 15 de xullo. 

Estas listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do Centro en horario de 09:00 a 14:00h de forma presencial ou a través da aplicación fondolibros coa Chave 365.

OS LIBROS E VALES ENTREGARANSE NO MES DE SETEMBRO.

2º DE PRIMARIA 3º DE PRIMARIA 4º DE PRIMARIA 5º DE PRIMARIA 6º DE PRIMARIA
Distribuir contido

Back to top