Fondo Solidario de Libros de texto (FondoLibros)

Estimadas familias,

Tras a recollida do fondo de libros e para axilizar todo o proceso imos adiantar a data da publicación definitiva.

Deste xeito, os vales para adquisición dos libros de primeiro e segundo de primaria e os vales para a compra de material escolar de todos os cursos de primaria estarán dispoñibles a partires do día 13 de xullo de 2021 ata o día 16 de xullo, ambos incluídos en horario de 09:30 a 13:30 h.

Recordade que para realizar esta retirada ten que ser a persoa que asina a solicitude. No caso no que por calquera circunstancia esta persoa non poidese acudir debera autorizar por escrito á persoa que designa para recoller os vales. Sen esta autorización non se entregarán estes vales.

O reparto de libros realizarase na primeira semana de setembro en horario aínda por determinar, á espera das instrucións da Consellería e materia de saúde.

Recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.

Relevo do equipo directivo

Estimadas familias,

Comunicámosvos que a partires de hoxe renovouse o equipo directivo do Centro, tras rematar o período extraordinario polo que foron nomeados os anteriores cargos.

Queremos agradecer a colaboración que tivemos por parte de toda a Comunidade Educativa do CEIP  Valle Inclán e desexarlle todo o mellor ao novo equipo que comenza esta andadura ao fronte do Colexio e que vos presentamos a continuación:

Directora: Carmen María Campo Fernández.

Xefatura de estudos: María Bandín Lamas.

Secretaria: María Fernández Porto.

Aproveitamos a ocasión para enviarlles un saúdo e desexarlles unhas felices vacacións.

O Equipo directivo.

Recollida do Expedente Académico dos alumnos/as de 6º de Educación Primaria

Estimadas familias:

Comunicarvos que a partir do luns 28 de xuño estarán dispoñibles os expedentes académicos dos vosos fillos/as. É a documentación que substitúe ao libro de escolaridade  polo que é moi importante que o recollades canto antes. Tamén porque volo pedirán para facer a matrícula no instituto.

Aproveitamos a ocasión para saudarvos.

O equipo directivo.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E EQUIPOS INFORMÁTICOS.

Estimadas familias

A devolución dos libros de texto e os equipos informáticos, farase desde o día 16 ata día 18, tanto do fondo do Colexio como da Anpa.

Para iso deberanse entregar na aula, a través do propios nenos/as, ou ben facelos chegar ao Centro. Neste caso, deberán vir embolsados e marcados co nome completo e o curso do alumno.

Deberase, tamén, entregar cuberto o impreso de devolución/doazón e solicitude de libros do Anpa que se lles dará ao alumnado ou traelo da casa para o que tedes acceso máis abaixo para imprimir.

Este ano, o proceso de doazón, e moi importante,xa que polas restricións legais que impiden a renovación dos libros, fará que o banco de libros da ANPA teña un pequeno surtido para os libros de 3º e 5º curso do que non dispoñían o curso pasado por ser novos. É, tamén, importante que doedes os de 4º e 6º, xa que están descatalogados e é moi complicado conseguir exemplares novos.

Recordade que este proceso é moi importante porque é unha condición indispensable devolver os libros adxudicados a través dos distintos fondos de libros, xa que é un dos factores fundamentales para a obtención dos libros e os vales do próximo curso.

Informarvos que o prazo para a solicitude do Fondo Solidario da Xunta remata o día 22 deste mes. As listas provisionais publicaranse o día 06.07.2021 . e tras o período de reclamacións de dos días, (7 e 8 de xullo) publicarase a listaxe definitiva o día 15 de xullo. 

Estas listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do Centro en horario de 09:00 a 14:00h de forma presencial ou a través da aplicación fondolibros coa Chave 365.

OS LIBROS E VALES ENTREGARANSE NO MES DE SETEMBRO.

2º DE PRIMARIA 3º DE PRIMARIA 4º DE PRIMARIA 5º DE PRIMARIA 6º DE PRIMARIA

Transporte Escolar Curso 2021-2022

INFORMACIÓN IMPORTANTE

ESTIMADAS FAMILIAS

A SOLICITUDE DO SERVIZO DE TRANSPORTE (disposición adicional 2ª no apartado 2- Corrección de erros da Orde 12 de marzo de 2013- DOG 24 de abril2013). INDICA QUE O ALUMNADO CON GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DEBERÁ MANIFESTAR POR ESCRITO CADA ANO, QUE SOLICITA UTILIZAR O SERVIZO COMPLEMENTARIO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

O PRAZO PARA SOLICITAR ESTE SERVIZO SERÁ DESDE MAÑA DÍA 16 DE XUÑO ATA O DÍA 30 DE XUÑO. DEBERÁN PRESENTAR CUBERTO O FORMULARIO (NA SECRETARÍA DO CENTRO) SEGUNDO SEXA USUARIO LEXÍTIMO OU NON, E AS AUTORIZACIÓNS DAS PERSOAS QUE RECOLLERÁN AOS NENOS NAS PARADAS.


Se eres usuario de transporte debes entregar en Secretaría o impreso de autorizacións para recoller ao alumno/a. Pica no seguinte enlace se queres baixar o impreso:

Sotavento

Visitamos o Parque Eólico Esperimental Sotavento co alumnado de 5º de educación primaria. Unha visita moi interesante aos aeroxeneradores, ao taller e a casa bioclimática.

Álbum: Saídas -> Sotavento

Letras Galegas 2021

Pegadas literarias con Xela Arias.

Temos unha gañadora!!!

11º Concurso Europeo de Marcapáxinas - Fallo do xurado

Unha vez rematado o prazo para a recepción de marcapáxinas de Xela Arias, e recibidos 192 traballos de diversos centros de Galicia, La Rioja e Portugal, o xurado do 11º Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios, con varios accésits.

Podes ver todos os traballos premiados nesta ligazón.

Un dos accesit foi para unha das nosas alumnas, Alba Vieiro de 6ºC, á que lle damos a nosa noraboa ;)

Hoxe entregóuselle no centro o seu premio.

Distribuir contido

Back to top