Incluso os días de temporal brillamos con luz propia.

ALUMNADO BENEFICIARIO DA CONVOCATORIA DE MÁSCARAS DA XUNTA

Terminado o prazo de solicitudes, comunicamos que todo o alumnado que recibiu o vale material escolar neste curso 2020-2021, tamén recibirá ás mascaras reutilizables.

O reparto farase do seguinte xeito: 

HORAS MARTES 1 DE DECEMBRO MÉRCORES 2 DE DECEMBRO
  • 16:00 A 18:00
  • Alumnado de 1º, 2º e 3º EP 
  • Alumnado de 4º, 5º e 6ºEP

Reparto de máscaras para alumnado a través do Fondo Solidario

Segundo a  Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

Serán beneficiarios:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

  • Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educatio no que estea matriculado o/a alumno/a.
  • Prazo:
    1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.

Formulario de solicitude

Prestacións de apoio ao comedor para o curso 2020/2021.

Desde onte xa están expostos os listados definitivos das axudas para o comedor do Concello.

Estes listados están no taboleiro de anuncios do Centro.

Axudas Moodle

Aprende a virar arquivos PDF

Mantén os teus arquivos PDF seguros e privados. Non subas os teus arquivos PDF a ningún servizo de terceiros (páxinas web), mellor faino todo no teu computador, onde os teus arquivos permanecen seguros e privados.

Imos utilizar PDFsam Basic é libre e de código aberto e funciona en Windows, Mac e Linux.

Samaín Terrorífico

Aínda que este ano non poidemos xuntarnos e celebrar un Samaín como se merece, no colexio fixemos moitas actividades para conmemoralo. Algunhas delas podedes velas a continuación

Dúas alumnas de 6º C prepararon este conto de medo titulado: "Os amigos na vida e na morte"

Esperamos que pasedes un anaco  terrorífico! 

Recoñeceríades a unha bruxa ao vela?  Escoitade este conto narrado pola mestra de A.L.  e as súas alumnas de 6º basado na famosa obra "Las brujas" do xenial Roald Dahl

A BRUXA REGAÑADENTES

As mestras do 2º Ciclo fixeron esta xenial presentación deste famoso conto. Agarrádevos a cadeira e preparádevos a pasar un pouco de medo.

Teatro

Os nenos e nenas de 5ºB preparamos unha pequena peza de teatro titulada: Camiño ao Samaín. Esperamos que vos guste!! 

Positivo Covid-19 no Centro

Estimada familias: 

Comunícolles que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla.

Detectouse 1 caso positivo. O  SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao  tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode causar síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas  inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática (1).

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Xa realizado no Centro e pola autoridade sanitaria.
  • Os contactos estreitos. Neste caso non existen por aillamento preventivo voluntario.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19(2) pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Poden atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS (3).

Con esta comunicación queremos facer unha chamada á calma a toda a comunidade educativa e que se trata dunha situación que está sendo xestionada polos servizos de sanidade (é a unica que ten competencias sobre a situación da pandemia COVID-19).

Reciban un cordial saúdo,

O equipo directivo.

[1]Cuestionario de autoavaliación:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_de_autoavaliacion.pdf

[2]Condicións crónicas de saúde como, por exemplo, enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión ou hipertensión arterial.

[3]Web do SERGAS de información para a cidadanía sobre o coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/

Distribuir contido

Back to top