Novas Consellería de Educación
A Xunta destaca o compromiso do Colexio Rural Agrupado de Culleredo cos programas de innovación bibliotecaria
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita o centro, que forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde hai nove anos e leva tres anos participando nos programas Biblioteca Creativa e Lecturas e Familias
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou esta mañá a biblioteca do Colexio Rural Agrupado CRA de Culleredo, onde gabou a implicación da comunidade educativa con este espazo didáctico. “Estamos a falar dun centro que forma parte de diferentes programas impulsados pola Xunta, como o Plan de mellora de bibliotecas escolares, a Biblioteca Creativa e Lectura e Familias”, explicou.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional felicitou a alumnos e docentes polo importante labor que realizan na biblioteca e o club de lectura. O centro, a través dos plans nos que participa, avanza na inclusión, consegue melloras na comprensión, emprega diferentes formas de información e apoia a adquisición das competencias clave do alumnado, contribuíndo así a un maior logro académico e incentivando o uso destes espazos para fomentar a lectura.
Froito destas prácticas excelentes, a biblioteca do CRA de Culleredo integrouse no programa LÍA.3, ao abeiro do cal se converteu nun laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta apoia con 1,6 M€ a investigación en tecnoloxías ambientais dos 109 profesionais do CRETUS tras a súa incorporación á rede de excelencia
Summary:
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro co reitor da USC para coñecer o seu funcionamento
Idioma GallegoContinúan as visitas conxuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP aos centros de investigación e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as súas necesidades. Concretamente, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López.
Tras a súa incorporación este ano á Rede CIGUS de Centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, que aglutina os centros investigadores punteiros, o CRETUS contará cunha axuda da Xunta de Galicia de preto de 1,6M€ para asegurar un financiamento estable da súa actividade científica ata o ano 2027. “Queremos seguir promovendo a investigación científica de calidade, polo que este ano o Goberno galego incrementou un 31% ata acadar os 23,6M€ o orzamento destinada á Rede CIGUS”, sinalaron os representantes da Consellería de Ciencia e Universidades.
Áreas de coñecementoDurante a visita, José Alberto Díez e Carmen Cotelo e Antonio López coñeceron a nova estrutura científica do centro, composta por oito áreas de actividade en I+D: remediación e usos sustentables do chan, tratamento e recuperación de augas, valorización de residuos, bioindicadores, integración de datos e modelado, monitorización fisicoquímica, procesos sustentables e impacto socioeconómico e ambiental. A través destas áreas o CRETUS traballa na combinación das capacidades das ciencias experimentais, sociais e de enxeñería cunha visión global, para abordar retos máis ambiciosos atendendo a un triplo enfoque: diagnóstico, tecnoloxía e impacto.
Actualmente conta con 109 investigadores que traballan en proxectos enmarcados no programa Horizonte Europa, no de Transferencia de Coñecemento e noutros interdisciplinares, entre os que destacan o deseño de tecnosolos para reducir os altos niveis de nitrato e fosfato en augas doces e salgadas, o aumento da capacidade de produción de peixe para o consumo humano no km 0 de cada cidade europea ou a procura dunha visión máis xeral de enfermidades ligadas á alimentación, entre outros.
Entre os seus investigadores atópanse dous científicos gañadores das axudas a proxectos do Consello Europeo de Investigación (ERC). Ambos perciben o apoio económico do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación.
Ademais, os representantes da Xunta de Galicia puxeron en valor o apoio do Goberno autonómico a propia Universidade de Santiago en materia de investigación. Esta universidade recibe un financiamento total de máis de 12,7M€ para os cinco centros de investigación da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia que acadaron a acreditación en excelencia nesta última convocatoria, o que supón un aumento do financiamento para a USC dun 17%.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalPuntuacións provisionais ao premio de ESO ao esforzo e a superación persoal do curso 2023-2024
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-24Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosListaxes provisionais das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, 2024/25
De conformidade co artigo 10 da orde do 29 de xullo de 2024 (DOG do 9 de agosto) pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitaria en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25 (código de procedemento ED421A), procédese á exposición das Listaxes provisonais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.
As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días. Durante ese prazo, poderán emendar os erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Para iso, deberán acceder á Carpeta cidadá e xuntarán, se é o caso, a documentación necesaria nos modelos “achega de documentación separada da solicitude” ou “emenda ao requirimento”.
Prazo de presentación da documentación do 24 de outubro ao 7 de novembro de 2024.
Anuncio principal:
Convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do SUG no curso académico 2024/25Tema:
Bolsas MásterEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de UniversidadesColectivo:
AlumnadoConvocatoria do Concurso-Exposición sobre As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oral, as figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.
Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación:
- Categoría A: educación infantil e primaria
- Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).
O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 23 de xaneiro de 2025.
File:
Convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2025 Anexos I, II e IIITema:
Lingua galega Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Entidades autonómicasColectivo:
Profesorado Alumnado FamiliasSección:
Boletín Portada de boletínResolución definitiva Programa PROA+ (FSE+)
Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 14 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.
Anuncio principal:
Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)Tema:
Atención á diversidade Programas e plans PROAEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Atención á diversidade e orientaciónA Xunta confirma a súa aposta polo profesorado, cun forte incremento do orzamento para 2025
Summary:
As contas da Consellería contemplan un aumento de 90M€ no capítulo de persoal, a partida que máis medra da Consellería, que supera os 3.000M€
Román Rodríguez asegura que este pulo suporá “seguir afianzando” os grandes retos iniciados este curso como a mellora das rateos por aula, a mellor atención ao alumnado con necesidades e un maior apoio ao eido rural, entre outros
Salienta que o cumprimento do acordo de mellora queda blindado por lei
Idioma GallegoA Xunta de Galicia confirma a súa aposta polo profesorado a través dun forte incremento das partidas nos Orzamentos para 2025, que se reflicte nun aumento de 90M€ no capítulo I, dedicado a persoal, o que máis medra de toda a Consellería. Así o expuxo esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na reunión da Xunta autonómica de directores e directoras do ensino non universitario para avaliar o desenvolvemento do curso e dos proxectos de futuro.
O titular de Educación subliñou que os Orzamentos de 2025 superan “por primeira vez” os 3.000M€. Unhas cifras que, en palabras do conselleiro de Educación, van permitir “seguir afianzando moitos retos” da maior modernización do sistema educativo en 30 anos iniciada este curso. Isto inclúe a mellora das rateos por aula, a dotación de máis profesorado, a mellor atención ao alumnado con necesidades especiais, máis apoio ao rural e á carreira profesional docente, entre outros.
Precisamente, co fin de blindar o compromiso con esta liña de traballo e conferirlle o maior respaldo xurídico posible, o Goberno galego vén de blindar o acordo de mellora do ensino e a prohibición do uso dos teléfonos móbiles como normas de máximo rango a través da Lei de medidas fiscais e administrativas para 2025.
Mellora de rateos e agrupamentosAsí pois, a partir de agora, a implantación progresiva do acordo queda selada cun calendario de obrigado cumprimento que atinxe, sobre todo, á baixada das rateos iniciada en 4º de Infantil e que se completará ao ano a ano ao longo dos seguintes cursos escolares.
Así mesmo, no que atinxe ao número máximo de alumnos para agrupamentos de distintos cursos e etapas no rural, iniciado este ano cun máximo de 14 alumnos para todo Infantil, quedará plenamente completado nun período de tres cursos para Infantil e Primaria. De feito, o vindeiro 2025-26 xa se aplicará o máximo de 14 alumnos para a combinación de 1º e 2º de Primaria e de máximo de 10 alumnos cando se mesturan alumnos de Infantil e Primaria. Cómpre lembrar que ata agora esta cifra era de 18.
Máis profesores para menos alumnosRomán Rodríguez puxo en valor que as accións postas en marcha posibilitaron que, pese á baixada xeral de matrícula, este curso aumentara a dotación de profesorado “co maior cadro de persoal da nosa historia”, sinalou en referencia aso 31.603 docentes que hai nas aulas galegas, 500 máis que o ano pasado.
Ademais da “estabilidade laboral e educativa”, o titular de Educación sinalou a necesidade de seguir traballando para mellorar o ensino galego, con medidas como a ponderación do alumnado con necesidades educativas especiais, que computa agora por dous ou por tres a efectos de rateo, unha medida pioneira que só existe en Galicia. Para isto, a Consellería ten en marcha o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, que abrangue seis grandes programas como o Promociona e o Proa+. Tamén se inclúe o programa de apoio educativo para alumnado estranxeiro, que facilitará a escolarización, a acollida e o benestar emocional destes estudantes.
Burocracia, FP e PAUAsí mesmo, puxo en valor o traballo que está a desenvolver a Consellería para reducir a burocracia nos centros educativos, coas primeiras medidas xa en marcha este curso. O obxectivo é alixeirar aos equipos directivos e aos docentes de determinadas tarefas administrativas que poden ser optimizadas e facilitadas, de tal modo que poidan dedicar ese tempo a labores propiamente educativos o que redunda, en última instancia, nunha mellor atención ao alumnado.
Outro dos retos do sistema educativo galego é o desenvolvemento da Lei de Formación Profesional, cun impacto na ordenación do sistema e nas prácticas educativas. A maiores, a Consellería de Educación está traballando no Plan FPGal360, enfocado a reducir a taxa de abandono educativo que en Galicia xa está en mínimos históricos, a ofrecer orientación vocacional e profesional e a facilitar que toda persoa obteña unha titulación.
Finalmente, Román Rodríguez tamén apuntou como reto deste ano a posta marcha da nova Proba de Acceso á Universidade, PAU, para a cal Galicia xa foi a primeira comunidade en facer público os modelos de exame, o que permite dar seguridade e certezas ao profesorado e aos alumnos, ao tempo que avanzar nunha proba que garanta a igualdade de oportunidades entre todos os estudantes no acceso á universidade.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta comproba no colexio de Zas o funcionamento dos recursos dixitais do proxecto Creagal
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa asiste a unha clase de Tecnoloxía e dixitalización de 1º de ESO na que se empregan estes materiais
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, comprobou hoxe o funcionamento dos recursos dixitais do proxecto cREAgal no Colexio CPI de Zas. Fíxoo asistindo a unha clase de Tecnoloxía e dixitalización de 1º de ESO neste centro, onde presenciou como os docentes empregan estes contidos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe e escoitou como se están a adaptar a eles.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que esta iniciativa afonda no modelo híbrido do ensino galego, que aproveita as potencialidades das novas tecnoloxías ao tempo que mantén os beneficios das ferramentas tradicionais. Lembrou, ademais, que ao longo deste curso estarán dispoñibles materiais para 5º e 6ª de Primaria, de 1º de ESO e de parte das materias de 2º de ESO. Os contidos iranse implementando paulatinamente ata 4º curso desta etapa.
cREAgal pon a disposición de todas as aulas virtuais dos centros galegos recursos educativos abertos deseñados, baixo unha coordinación común, por máis dun centenar de docentes. Trátase dun proxecto de características únicas en España, no que estes recursos dixitais están directamente vencellados aos currículos e cobren todas as áreas e materias.
Atención á diversidadeOs materiais son de licenza aberta, que permite a súa reutilización, modificación e adaptación ao contexto de cada aula, alumno e centro, o que os fai completamente universais e personalizables. Ademais, o proxecto incide na inclusión, de modo que todos os recursos son accesibles e pensados para adaptalos á atención á diversidade.
Cada un dos recursos propón ao alumno un reto, que debe resolver a través da realización de varias actividades, e vai acompañado dunha guía didáctica na que se detallan os elementos do currículo que se abordan, así como os criterios de avaliación das competencias que se traballan.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalOrde do 11 de outubro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23,
Xúntase a Orde do 11 de outubro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 12 de marzo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo).
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosCorrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades dos corpos 593, 594
Corrección de erros. Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).
Anuncio principal:
Convocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoResolución provisional do Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados 2024/25
Xúntase a Resolución provisional da ORDE do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED301L).
Anuncio principal:
Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de educación secundaria obrigatoria de centros educativos concertados no curso 2024/25Tema:
Lingua estranxeira Plurilingüismo Programas e plans Inmersión lingüística Centros concertadosEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosSección:
Linguas estranxeirasA Xunta celebra que Galicia sexa o lugar escollido para abordar os retos da intelixencia artificial con científicos de todo o mundo
Summary:
Os conselleiros de Ciencia e de Lingua participan na inauguración da ‘European Conference on Artificial Intelligence 2024’
O Goberno galego impulsa, a través da Estratexia Galega de IA 2030, a Comunidade como un espazo avanzado na adopción desta tecnoloxía
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da xornada European Conference on Artificial Intelligence (ECAI 2024), unha cita que escolle por segunda vez a cidade de Santiago na súa 27ª edición para aglutinar a expertos da intelixencia artificial de todo o mundo. “Que esta prestixiosa conferencia volva a nosa terra é mostra da crecente relevancia desta Comunidade como punto de encontro para a ciencia e a innovación en Europa”, sinalaron os representantes da Xunta de Galicia.
A cita está organizada pola Asociación Europea de Intelixencia Artificial (EurAI) e a Sociedade Española de Intelixencia Artificial (AEPIA) e acollida polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago. Ambos aproveitaron o encontro para amosar o compromiso do Goberno galego con esta nova realidade: “Coñecedores da oportunidade singular que a intelixencia artificial supón para o desenvolvemento de Galicia, traballamos para situala como un eixo estratéxico do desenvolvemento económico, social e territorial da nosa Comunidade”.
A Xunta de Galicia conta coa Estratexia Galega de IA 2030, a folla de ruta para posicionar a Galicia como unha rexión avanzada na adopción desta tecnoloxía, e traballa na Lei galega de IA, que converterá a Galicia na primeira rexión europea cunha regulación única, sistemática e coherente nesta materia.
O encontroEste encontro, que se prolongará ata o 24 de outubro, celebra nesta edición os 50 anos de conferencias europeas sobre IA. Durante estes días pasarán pola capital galega numerosos científicos e expertos sobre intelixencia artificial a nivel internacional. As xornadas contan cun programa completo de relatorios técnicos, así como numerosos eventos relacionados coa intelixencia artificial para investigadores, estudantes e profesionais do sector, incluíndo talleres e titorías, charlas invitadas e sesións especiais.
Entre os poñentes principais que participarán na European Conference on Artificial Intelligence están a profesora da Universidade Técnica de Darmstadt de Alemaña Irina Gurevitch, que falará sobre a verificación de feitos no mundo real con modelos lingüísticos de gran tamaño; o profesor asociado da Universidade Carnegie Mellon en Pittsburgh Marijn Heule, que achegará aos presentes solucións para resolver problemas matemáticos con intelixencia artificial simbólica; o profesor da Escola de Economía de Toulouse e da Universidade Corvinus de Budapest César A. Hidalgo, que afondará na complexidade económica do uso do aprendizaxe automático para comprender o pasado, presente e futuro do seu desenvolvemento, e a profesora asociada do Instituto Real de Tecnoloxía KTH en Estocolmo Yolanda Leite, que exporá as necesidades que teñen os robots dos humanos, entre outros.
Esta cita é, así mesmo, unha oportunidade para Galicia, para seguir aprendendo e posicionándonos no panorama internacional, pois a intelixencia artificial xa non é “unha promesa afastada, senón unha realidade que abre portas que fai medio século nin sequera podiamos imaxinar”, concluíron os conselleiros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación definitiva do alumnado admitido e excluído na convocatoria dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais, correspondentes ao curso 2023/24
Anuncio principal:
Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, curso 2023/24Tema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoRomán Rodríguez resalta o obxectivo da Xunta de consolidar Galicia como un referente educativo
Summary:
O conselleiro de Educación participa na apertura da xornada ‘Formación para o desenvolvemento da función directiva’
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, subliñou hoxe na apertura da xornada Formación para o desenvolvemento da función directiva a relevancia dos equipos directivos dos centros como pezas clave para avanzar no mellor sistema educativo posible. “A vosa formación é fundamental, xa que representades axentes estratéxicos para alcanzar os máis altos estándares de calidade educativa”, afirmou o conselleiro.
O representante da Xunta de Galicia destacou tamén os avances postos en marcha neste novo curso académico 2024/2025, centrados na modernización do ensino para facer fronte aos retos futuros. Segundo explicou, a meta da Xunta é consolidar Galicia como unha referencia educativa a nivel estatal e europeo, e para lograr isto, “os directores desempeñades un papel crucial no éxito desta transformación”.
Román Rodríguez, que estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, lembrou que a Consellería de Educación, apoiada pola Rede de formación do profesorado de Galicia, está a impulsar diversos itinerarios formativos para reforzar a capacidade de xestión e liderado nas direccións dos centros educativos. Dentro deste marco, a formación dirixida aos membros dos equipos directivos ocupa un lugar central, contribuíndo á mellora continua das súas competencias.
Plan de formación do profesoradoEsta xornada, cunha duración de 150 horas, forma parte do Plan de formación do profesorado da Xunta para este curso, que neste ano académico se incrementa ata as 132.531 prazas e as 6.172 actividades, moitas delas celebradas durante as fins de semana. A Consellería inviste neste plan 11,4 M€ ao longo de todo 2024/25.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalEstudantes de FP de seis centros galegos participan nunha competición nacional de vehículos eléctricos fabricados por eles mesmos
Summary:
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, asisten a esta proba na Estrada, unha das sedes do circuíto Green Power
Compiten centros de Sanxenxo, As Pontes, Viveiro, Ribadavia, Pontevedra e Ribeira, coordinados polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiron hoxe na Estrada á I Carreira Urbana A Estrada-Green Power de vehículos eléctricos na que participan estudantes de FP de seis centros da Comunidade con coches deseñados e fabricados por eles mesmos a través dun proxecto de innovación financiado pola Xunta e coordinado polo Centro Galego de Innovación da FP.
Trátase dos institutos IES de Vilalonga (Sanxenxo), Castro da Uz (As Pontes), María Sarmiento (Viveiro) e O Ribeiro (Ribadavia) e dos centros integrados de FP A Xunqueira (Pontevedra) e Coroso (Ribeira). Xunto con eles tamén participa un equipo da Universidade da Coruña, dous equipos de Cantabria e outro procedente de Asturias.
Os estudantes galegos chegan á cita grazas ao proxecto e-mobilidade STEM na FP, que foi premiado con 27.000€ na última convocatoria de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da FP que impulsa anualmente o Goberno galego. Neste proxecto participan un total de 14 centros de Formación Profesional galega baixo a coordinación do Instituto IES de Ordes.
A cita ofrece aos estudantes a oportunidade de exercer de deseñadores, mecánicos e pilotos. Así mesmo, asumen todas as tarefas de xestión dun equipo de competición, incluídas a administración de contas, márketing, difusión en redes sociais e xestión web.
Habilidades técnicas e espírito emprendedorOs conselleiros destacaron a importancia deste evento como un proxecto de desenvolvemento integral do alumno, que ten que demostrar as súas habilidades técnicas ao tempo que se promove o espírito emprendedor, a creatividade e a conciencia ambiental. Aínda que a familia profesional directamente implicada é a de Automoción, ao tratarse dun proxecto disciplinar, tamén participan o resto das familias e profesorado doutros departamentos como o de debuxo para colaborar no deseño, de carpintaría que nalgúns casos fabricaron pezas para os chasis dos coches, ou de electricidade, entre outros.
O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, con sede en Ourense, axuda aos alumnos participantes a desenvolver o proxecto, mellorando o deseño e a eficiencia dos coches e colaborando coa organización das probas para que os centros poidan testar os vehículos e implementar as melloras necesarias. Non en balde, un dos proxectos de innovación aplicada no que traballa o Eduardo Barreiros é o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a recarga das baterías dos vehículos eléctricos.
A proba que acolle hoxe A Estrada forma parte do circuíto nacional Fórmula 24+, integrado no proxecto educativo GreenPower Iberia, que busca que o alumnado desenvolva competencias profesionais a través da enxeñería e a xestión de proxectos, participando en eventos organizados en diferentes categorías segundo as idades.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta blindará a prohibición do uso dos móbiles e o acordo de mellora do ensino como normas de máximo rango na Lei de medidas fiscais e administrativas
Summary:
O titular de Educación reúnese coas organizacións sindicais CCOO, ANPE e UGT-SP Ensino, a quen agradece a súa contribución á mellora progresiva do ensino este curso e reafirma o “absoluto compromiso” con esas medidas pioneiras a nivel estatal “reforzando” o seu cumprimento e dándolle “o maior respaldo xurídico”
Avánzalles que o Orzamento da Consellería para 2025 superará por primeira vez os 3.000 M€, cun incremento de 90 M€ no investimento en profesorado co fin de avanzar nas melloras de rateos, atención á diversidade e ao rural introducidas no acordo
Fai un balance moi positivo do acordo, pois Galicia conta hoxe con máis profesores e máis aulas que hai un ano, a pesares de ter menos alumnos no sistema
Idioma GallegoA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional blindará a prohibición do uso dos teléfonos móbiles nos centros educativos e o acordo de mellora do ensino como normas de máximo rango para garantir o seu total cumprimento a darlles o maior respaldo xurídico. Farao a través da Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia para 2025.
Así llo trasladou esta mañá o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, aos representantes das organizacións sindicais CCOO, ANPE e UGT-SP Ensino, con quen hai un ano a Xunta asinou un acordo histórico de mellora do sistema educativo inédito en España. Ademais de agradecerlles a súa contribución, responsabilidade e altura de miras para acadar esta mellora, expresoulles o “compromiso absoluto” da aplicación das accións en marcha “conferíndolle o maior respaldo xurídico posible” ao convertelas en lei.
Román Rodríguez avanzoulles, ademais, as contas do seu departamento para 2025, reflectidas nos Orzamentos aprobados onte pola Xunta. A Consellería que dirixe medra ata superar por primeira vez os 3.000 M€, cun especial énfase na aposta polo profesorado. De feito, o capítulo 1, centrado nos recursos humanos, é o que experimenta unha suba máis destacada, con 90 M€ máis, especialmente no que atinxe a fondos propios. Este incremento, como dixo, permitirá avanzar progresivamente nas medidas iniciadas este curso, con melloras nas rateos, na atención á diversidade e no rural, entre outros.
No que atinxe á prohibición dos teléfonos móbiles nos recintos escolares, que opera desde o curso pasado a través dunha instrución remitida aos centros, o resultado da medida avalíase como moi satisfactorio en xeral entre a comunidade educativa, con boa repercusión na convivencia escolar. Non obstante, para garantir aos centros o máximo soporte xurídico na súa aplicación e ofrecer todas as certezas aos equipos directivos, vaise modificar o decreto 8/2015, de convivencia, a través da Lei de medidas para reforzalo.
Melloras estruturais pioneiras blindadasPola súa banda, terá rango de lei o acordo de mellora do ensino asinado en outubro de 2023 cos tres sindicatos asistentes á xuntanza de hoxe, e que xa se vén aplicando desde o 1 de xaneiro deste ano. O motivo disto é, tal e como recalcou Román Rodríguez, “blindar e clarificar” a súa implementación progresiva, tal e como se prevé, ao tempo que evidenciar “o compromiso total” co “cumprimento de todas e cada unha” da batería de medidas “de tal calado que supoñen unha transformación sen precedentes do noso sistema educativo a curto, medio e longo prazo, a maior realizada en 30 anos”.
Así pois, dita lei vai incorporar o texto do acordo de melloras que xa arrancaron este curso como a redución da rateo por aula, a atención á diversidade, a carreira profesional docente e cuestións de carácter burocrático. Isto, no balance exposto polo conselleiro, fai que hoxe o ensino galego teña máis profesores e máis que hai un ano, a pesares de ter menos alumnos no sistema. Como afirmou, isto non sería posible sen o acordo de mellora, que fixo ascender a cifra de profesorado ata os 31.603, un récord histórico en Galicia.
Calendario de mellora curso a cursoO texto inclúe o calendario de implantación progresiva do acordo no que atinxe á baixada de rateos a 20 alumnos por aula que xa se iniciou este ano en 4º de Educación Infantil e que se irá implementando curso a curso nos sucesivos anos. Igualmente, queda blindada por lei a ponderación do alumnado con necesidades a efectos de rateos por aula iniciada para toda a etapa de Infantil e Primaria e que é unha das claves de bóveda do acordo para consolidar unha mellor integración e atención escolar a estes alumnos.
Outro dos puntos destacados que tamén se recollerá na Lei de medidas é o calendario de implantación dos agrupamentos de aulas no rural, iniciado xa este curso para todos os niveis da etapa de Infantil cun máximo de 14 alumnos, cando ata o momento estaba fixado en 18 alumnos. Neste senso, o vindeiro curso 25/26 darase un importante novo paso ao reducir a un máximo de 10 alumnos por aula cando se trate de combinación de aulas de Infantil e de Primaria, así como a extensión dos 14 alumnos agrupados na combinación de 1º e 2º de Primaria. O resto de cursos continuarán completándose nos seguintes anos, ata abranguer a totalidade do acordo de 2009. Daquela, diversas situacións impediron levar á práctica este acordo. Isto non sucederá agora dado que queda blindado por lei.
O conselleiro de Educación explicou que todas estas medidas, que xa estaban recollidas no acordo de melloras e que agora a Xunta blinda a través desta lei, “é a proba irrefutable de que xa non teñen marcha atrás”. “Este curso emprendemos un cambio propio en Galicia e esta transformación irase afianzando ano a ano, con compromiso e con seguridade, a prol dun sistema educativo de calidade, moderno e integrador”, abondou.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez sinala o novo Cesga como “o mellor exemplo da Galicia futura” reflectida nos orzamentos da consellería, que medran ata superar os 3.000 M€
Summary:
Avanza que o Consello da Xunta aprobará o luns a licitación das obras do novo edificio do Centro de Supercomputación, que estará listo en xuño de 2026
O Goberno galego vai crear, a través da Lei de medidas, a figura de proxecto estratéxico de investigación de iniciativa pública e o Cesga será o primeiro en solicitar a súa declaración para axilizar ao máximo os trámites e prazos
O conselleiro salienta os investimentos do seu departamento na cidade, con 12 M€ para construír a nova Facultade de Farmacia e 17 M€ para centros de investigación
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a parcela na que se construirá a nova sede do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) por valor de máis de 12M€ e no que se albergarán novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas. O representante da Xunta definiu este proxecto como “o mellor exemplo da Galicia futura”, que é posible grazas á acción dun Goberno estable, que aprobará os seus Orzamentos de 2025 en tempo e forma co obxectivo de poder desenvolver as políticas públicas previstas.
O titular de Educación e Ciencia do Goberno galego elixiu Santiago como cidade para realizar unha primeira valoración dos Orzamentos do seu departamento para o vindeiro ano, que medrarán ata superar por primeira vez os 3.000 M€, o que se traduce en máis fondos a disposición do ensino e do I+D+i da nosa Comunidade, que ten en Compostela un dos seus referentes.
Acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e do director do Cesga, Lois Orosa, o conselleiro avanzou que o vindeiro luns o Consello da Xunta aprobará a construción do novo edificio do Cesga, unha entidade cuxa titularidade é compartida entre a Xunta de Galicia e o CSIC. A súa delegada en Galicia, Carmen González, estivo tamén presente no acto de presentación. En conxunto, o novo Cesga superará os 56 M€, a través de fondos propios da Xunta e fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. Para a edificación, resérvanse máis de 12 M€.
Así mesmo, o conselleiro anunciou que a Xunta, a través da Lei de medidas fiscais e administrativas, vai crear a figura de proxecto estratéxico de investigación de iniciativa pública. O Cesga será o primeiro en solicitar esta declaración, co fin de facilitar ao máximo os trámites e prazos para levalo a cabo antes de xuño do ano 2026.
Requirimentos da parcelaLocalizada no polígono da Sionlla, a parcela na que se levantará o edificio conta cunha superficie de máis de 9.100 metros cadrados e cumpre todos os requirimentos imprescindibles para desenvolver un proxecto desta complexidade técnica, así como todos os requisito urbanísticos que garanten a axilidade na construción, pois o edificio debe estar rematado no período previsto para a xustificación dos fondos europeos que Galicia ven de recibir. Terá unha superficie construída de 2.500 metros cadrados.
Román Rodríguez salientou que o novo Cesga é “un dos proxectos estrela da Consellería nesta lexislatura”, cun edificio moderno que vai acoller novas estruturas de supercomputación, con máis capacidade, “buscando estar á vangarda en Europa, para dar servizo tanto aos nosos científicos como ás nosas empresas”.
Neste senso, lembrou que dos 56 M€ totais, 12 M€ dedícanse á construción, mentres que 18,6 M€ serán para o Finisterrae IV, o futuro supercomputador que cubrirá tamén necesidades vinculadas á intelixencia artificial; 18 M€ para o desenvolvemento de novas capacidades que impulsen o ecosistema de computación cuántica en Galicia, e 7,8 M€ para o incremento da capacidade de almacenamento de datos de gran valor engadido.
Máis investimentos na capital galegaA construción do novo edificio do Cesga e a dotación de novas infraestruturas tecnolóxicas avanzadas é unha das grandes actuacións que iniciará en 2025 a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP na cidade de Santiago de Compostela. Non é a única, pois a esta súmanselle a construción da nova Facultade de Farmacia, o apoio aos centros de investigación e a reforma e modernización dos centros educativos.
No caso concreto da Facultade de Farmacia, a Consellería vai apoiar con 12 M€ ata 2026 á Universidade de Santiago para construír as instalacións. A propia USC será tamén beneficiaria de boa parte dos 17 M€ para centros de investigación. En concreto, entre 2024 e 2027 recibirán 2,8 M€ o CIMUS, Centro de Investigación en Medicina Molecular; 3 M€ o CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares; 2,4 M€ o CITIUS, Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes; 3 M€ o IGFAE, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías compartido entre a USC e a Xunta, e 1,6 M€ o CRETUS, Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais.
Ademais, a Xunta apoia a creación dun novo centro de investigación empresarial, de Mestrelab, que abrirá moi pronto as súas portas. Especializado en software científico para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico, está a recibir 4,2 M€ da Xunta. A última partida deste montante está incluída precisamente nos Orzamentos de 2025.
Finalmente, Román Rodríguez lembrou que no período 2021-2024, a Xunta investiu 5,5 M€ na reforma, ampliación e modernización de 13 centros educativos en Santiago a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. Agora, avanzou unha segunda fase na que se superarán os 6 M€. A coñecida ampliación do Instituto IES Eduardo Pondal, que vai comezar cun investimento de 3 M€, sumaranse a rehabilitación integral do IES Arcebispo Xelmírez II (2 M€), a renovación das cuberta e dotación dun ascensor do IES Rosalía de Castro (500.000 €), a renovación da cuberta do IES Pontepedriña (375.000 €) ou distintas melloras no Centro Integrado de FP Politécnico, por máis de 350.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalPublicación da listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestres, Orientación (597039)
Xúntase a Resolución do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a listaxe provisoria de persoas admitidas e de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 correspondentes á lista de Orientación do corpo de mestres.
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á lista provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.
Prazo de presentación de alegacións: do día 21 ao día 25 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Non se admitirán alegacións/reclamacións formuladas mediante correo electrónico.
A listaxe provisoria de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
Anuncio principal:
Publicación das listaxes provisorias de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/2025 do corpo de mestresServizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Programas e plans Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoResolución provisional dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países, curso 2024/25
Achégase resolución provisional dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.
Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a persoa que exerce a presidencia da comisión.
Anuncio principal:
Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025Tema:
Lingua estranxeira Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasRomán Rodríguez salienta a modernización das universidades galegas na inauguración do IV Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo Universidade
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración do IV Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universidade, un evento que promove o coñecemento de novas metodoloxías de ensino como unha vía para a innovación educativa na Universidade. O titular de Educación destacou que Galicia é pioneira neste eido, xa que foi precursora no modelo de graos e másteres duais, que combinan as aulas co traballo directamente conectado coa sociedade.
A xornada, que se celebra na Facultade de Ciencias da Educación, inclúe conferencias e mesas sectoriais coa implicación das tres universidades públicas galegas e a participación de expertos de universidades nacionais e internacionais, como Harvard University, Università di Verona, University of Galway e Universidade do Porto. Román Rodríguez subliñou que a Xunta aposta por unha oferta académica diversificada, innovadora e adaptada aos novos retos profesionais. Tamén agradeceu á Universidade de Santiago de Compostela por organizar este evento que busca pechar a fenda entre o coñecemento académico e o mundo real, xerando sinerxías que benefician á sociedade no seu conxunto.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »