O CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. FELICITA AO VALES VILLAMARÍN

D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, remitiu unha carta de felicitación ao CEIP Francisco Vales Villamarín polo recente Premio a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017.

“A adquisición continua de novas competencias ao longo de toda a vida e a capacidade de estar abertos a novos retos constitúen activos de máxima importancia, neste mundo globalizado e en cambio constante.”

“Parabéns porque o voso quefacer diario contribúe a dar visibilidade ás boas prácticas docentes e a fomentar que máis centros leven adiante programas que incentiven novas formas de pensar, novas metodoloxías de ensino e novas ferramentas.”

“Gustaríame que transmitiras as felicitacións ao conxunto do alumnado e do profesorado participante no proxecto, porque uns centros en permanente formación representan unha peza clave para facer máis grande ao sistema educativo.”