As matemáticas están presentes en todos os aspectos da vida, e o noso patio non é menos.
É por iso que fixemos un roteiro matemático para comprobar a cantidade de contido que temos ao alcance das nosas mans.
As matemáticas están presentes en todos os aspectos da vida, e o noso patio non é menos.
É por iso que fixemos un roteiro matemático para comprobar a cantidade de contido que temos ao alcance das nosas mans.
As 16 nenas/os que forman parte do club este curso comezaron as súas actividades e sesións facendo varias tarefas.
Nas primeiras sesións empregaron a robótica e os kits de lego para afondar o seu coñecemento sobre as máquinas e conceptos como o equilibrio térmico.
Cada sesión remata cunha reflexión coa que pretendemos aprender e chegar a conclusións aplicables á vida cotiá.
Vídeo de experiencia con makey makey
Non pode faltar no San Tomé o club de ciencia. Como cada ano, un grupo de persoas intrépidas e con gañas de aprender e pasalo ben forman parte desta aventura.
Este curso introduciremos unha novidade, que será o estudo da calidade do chan de Cambados, formando parte do proxecto "Vigilantes del Suelo". Ademais, repetiremos algunha das experiencias estrela doutros cursos e faremos algunha que outra falcatruada máis....
Comezamos!!
O club de ciencia comeza unha nova andaina con novo alumnado de sexto disposto a levar a cabo todo tipo de accións e experimentos. Como cada ano, as nenas e nenos xustaranse os mércores pola tarde para pasar un rato agradable e, de paso, aprender un montón de cousas!
Como remate das actividades do Club de Ciencia neste curso fixemos unha saída preto da nosa vila.
Alberto Jurjo é un enxeñeiro aeronáutico cambadés con experiencia en empresas de aviación que decidiu voltar a Galicia e explotar aquí o seu talento creando unha empresa. Dedícanse a crear Equipos de Apoio en Terra para aeronaves, de modo coloquial, podemos dicir que fabrican baterías con enerxía limpa e renovable que ademais non emite ruido nin cheiros.
Instalou unha pequena cadea de montaxe na nave que outra empresa galega que se dedica á enerxía, Inelsa, ten en Sanxenxo.
Pois ata alí fomos para ver in situ os diferentes procesos polos que ten que pasar unha empresa para crear un produto de máxima calidade e con eficiencia.
O que máis chamou a nosa atención foi a cadea de montaxe e ver as impresoras 3D a pleno rendemento.
Unha experiencia fantástica e unha aprendizaxe de luxo da man de Allberto, ao que lle agradecemos a súa xeneriosidade.
Antes de marchar, fixemos un percorrido polas instalacións da nave de Inelsa onde nos explicaron algúns dos pormenores do funcionamento desta empresa pioneira de Galicia.
Moitas veces miramos fóra e nos asombramos do que fan empresas doutros países cando temos moi preto de nós xente que traballa e innova para ofrecer produtos no mercado galegos de calidade óptima. Os nosos parabéns para eles, ogallá no futuro algún dos nosos Santomeinsteins poidan traballar aquí.
O día 25 maio (Día Mundial dos Frikis, foi coincidencia, xurámolo) fixemos unha exposición con algúns dos proxectos que levamos a cabo este curso.
A asistencia de público foi un éxito, encantounos compartir con tanta xente o traballo deste ano.
O vindeiro curso voltaremos cun novo grupo de Santomeinsteins que seguro que nos fan pasar tan bos momentos como os deste curso.
Quen non lembra o lanzamento de penalti de Sergio Ramos contra o Bayern de Munich nas semifinais da Champios League?
Por que foi ás nubes?
As pezas de construción poden axudarnos a entender o que pasa cando se golpea o balón cun determinado ángulo ou nunha parte da pelota.
Escoitade atentamente.
Grazas ao Concello de Cambados temos unha réplica do circuito de Montmeló e así, os nosos robots, poden adestrar e facer carreiras.
Despois de analizar ao detalle as regraxes, Matías conseguiu facer o mellor tempo con esta fantástica volta: