Visita a Enercraft

Etiquetas :

Como remate das actividades do Club de Ciencia neste curso fixemos unha saída preto da nosa vila.

Alberto Jurjo é un enxeñeiro aeronáutico cambadés con experiencia en empresas de aviación que decidiu voltar a Galicia e explotar aquí o seu talento creando unha empresa. Dedícanse a crear Equipos de Apoio en Terra para aeronaves, de modo coloquial, podemos dicir que fabrican baterías con enerxía limpa e renovable que ademais non emite ruido nin cheiros.

Instalou unha pequena cadea de montaxe na nave que outra empresa galega que se dedica á enerxía, Inelsa, ten en Sanxenxo.

Pois ata alí fomos para ver in situ os diferentes procesos polos que ten que pasar unha empresa para crear un produto de máxima calidade e con eficiencia. 

O que máis chamou a nosa atención foi a cadea de montaxe e ver as impresoras 3D a pleno rendemento.

Unha experiencia fantástica e unha aprendizaxe de luxo da man de Allberto, ao que lle agradecemos a súa xeneriosidade. 

Antes de marchar, fixemos un percorrido polas instalacións da nave de Inelsa onde nos explicaron algúns dos pormenores do funcionamento desta empresa pioneira de Galicia.

Moitas veces miramos fóra e nos asombramos do que fan empresas doutros países cando temos moi preto de nós xente que traballa e innova para ofrecer produtos no mercado galegos de calidade óptima. Os nosos parabéns para eles, ogallá no futuro algún dos nosos Santomeinsteins poidan traballar aquí.

Iniciar sesión


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design