Club de ciencia

Semáforo de ruído

Etiquetas :

Hai veces que na aula facemos un pouquiño de ruido. Para medir o nivel preparamos o noso robot e o convertemos nun semáforo.

No vídeo hai un pequeno erro, xa que o noso robot mide en centibelios e non en decibelios, como dicimos.

Catapultas

Etiquetas :

Xa que andamos a estudar a Idade Media, deunos por construír unhas catapultas e, de paso, estudar esta máquina simple, a palanca.

Unha vez construída, variamos o punto de apoio e o esforzo para facer lanzamentos máis lonxanos e máis cercanos e precisos.

 

Ruta Hackobea

Etiquetas :

Os nosos Mbot queren facer algúns dos camiños de Santiago, así que os programamos para que deran unha volta pola nosa terra. Este proxecto denominouse "hackobeo".

Botade unha ollada:

Saltos de esquí

Etiquetas :

Se variamos o ángulo da plataforma de lanzamento dun saltador de esquíes varía a distancia que alcanza?

E se variamos o peso que leva enriba?

Pois a esas preguntas se lles da resposta probando, experiementando e iso fixemos, mostramos algúns exemplos.

 

Inxeniería aeronáutica (ou algo similar)

Etiquetas :

Que hai que mandar un cohete polo aire....pois mándase.

Esta é unha actividade clásica no club de ciencia e que ano tras ano demanda o alumnado que forma parte do club de ciencia Santomeinstein.

Os resultados non sempre son os mesmos e iso é xenial para facer comparativas con gráficas doutros anos e analizar os materiais empregados.

Nestes vídeos podedes ver un par de lanzamentos.

 

Tiovivo

Etiquetas :

Temos pezas de construción, temos imaxinación e temos gañas de facer un tiovivo...Pois non se fale máis.

Estudando esta máquina simple (engranaxe) fixemos un modelo de tiovivo tradicional -con manivela- e outro un pouco máis sofisticado, con motor.

Aquí tedes resultados:

Facendo instrumentos

Etiquetas :

As/os Santomeinsteins deste ano son bastante rockanroleiras/os. Deulles por montar grupos musicais e o resultado foi do máis variopinto. Nos vídeos podedes ver resultados.

Club de ciencia 2021/2022

Etiquetas :

Xa estamos de volta, os Santomeinsteins comezarán unha nova andaina neste curso 2021/2022, e será un curso marcado pola luva que nos lanzaron dende o equipo de biblioteca. Resulta que este ano, o PDI chámase "Lectoriño no Camiño", e nós, que somos ben guiadiñas/os, imos denominar este curso deste xeito: "ciencia no Camiño".

Así que no desenvolvemento das actividades verase claramente reflectida a influenza do Camiño de Santiago.

Será emocionante, comezamos!!

Instrumentos dixitais

Etiquetas :

Os Santomeinsteins tiveron outra sesión do Club de Ciencia, neste caso empregaron placas Makey Makey, que temos á nosa disposición grazas ao proxecto Digicraft, para construír instrumentos musicais dixitalizados.

No vídeo vemos uns cantos exemplos.

 

Cohete propulsado

Etiquetas :

É, sen dúbida, un dos clásicos do Club de Ciencia. Dende as primeiras sesións, os Santomeinsteins preguntan cando se realizará a experiencia do "cohete propulsado".

Pois ben, aínda que este ano as condicións climatolóxicas non foron as mellores, xa que a humidade e o vento dificultaron a posta en escea, o resultado non foi malo, e, coma sempre, pasamos moi bo rato e unhas cantas risas.

No vídeo podedes ver algún dos lanzamentos realizados.

 

Iniciar sesión

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design