Skip to Content

Secretaría

LISTAXES DE MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025

Nos arquivos adxuntos publicamos as listaxes de material para cada curso de educación primaria para o curso 2024-2025.

Comedor escolar 2024/2025

O prazo para ser usuarios do comedor está aberto ata o 14 de xuño.

Para o novo alumnado, o prazo de solicitude será do 20 ao 30 de xuño, coincidindo co período de matrícula.

No seguinte enlace pódense descargar os formularios de inscrición:

https://anpaosolmos.vercel.app/comedor-escolar-curso-2024-2025

Admisión 2024/205 (número de solicitudes por curso)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

Nivel

Número de vacantes

Número de solicitudes

4º de infantil (3 anos)

40

36

5º de infantil (4 anos)

0

0

6º de infantil (5 anos)

1

1

1º de primaria

0

2*

2º de primaria

0

0

3º de primaria

1

2*

4º de primaria

0

0

5º de primaria

0

1

6º de primaria

7

0

 

En 4º de infantil (3 anos) ao haber menos solicitudes que vacantes, non será necesario baremar, polo que todas/os están admitidas/os.

*En 1º e 3º de primaria será necesario baremar e agardar a resolución para coñecer o alumnado admitido.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024/2025

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso de solicitude (pode pedirse en secretaría)

  • DNI ou libro de familia de todos os membros computables da unidade familiar.

  • Sentenza de separación (de ser o caso).

  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (NO CASO DE BAREMAR)

  • Días hábiles entre o 21 de marzo e o 5 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

25 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio

PERÍODO DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño

DÚBIDAS E VISITAS Á ESCOLA

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro en horario lectivo ou chamar por teléfono ao 886151190.

Para realizar visitas , concertar a data e hora da mesma coa dirección do centro .

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025. VACANTES.

 

VACANTES NO CEIP SAN TOMÉ PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

40*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

0

6º EDUCACIÓN INFANTIL

1

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

7

 

Este cadro mostra as vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual da escola.

Poden xurdir vacantes no caso de que alumnado do colexio solicite admisión no período ordinario noutros centros educativos.

 

*Das 40 prazas ofertdas, 6 delas están reservadas para alumnado con NEAE, que, no caso de non ser demandadas, pasan a vacantes ordinarias.

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN 2024-2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Polo tanto, o alumnado que desexe exercer o seu dereito de reserva no IES Francisco Asorey deberá cumprimentar a documenación por calquera das vías antes do 5 de febreiro.

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

A continuación publicados as datas de reunións coas familias de cara ao inicio de curso:

Educación Infantilxoves, 7 de setembro, ás 11h

1º de primaria:venres, 8 de setembro, ás 10h

2º de primaria:  venres, 8 de setembro, ás 12h

3º de primaria:  mércores, 6 de setembro, ás 10h

4º de primaria:  mércores, 6 de setembro, ás 12h

5º de primaria:  martes, 12 de setembro, ás 17h

6º de primaria:  martes, 12 de setembro, ás 16h

RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

Xa están dispoñibles os vales para material escolar, polo que se poderán recoller dende o 22 de xuño ata o 7 de xullo e  posteriormente no mes de setembro.

Pódese consultar telefonicamente a concesión ou non da axuda.

Matrícula para novo alumnado

O período de matrícula para o novo alumnado está aberto entre o 20 e 30 de xuño. Para tramitala deben pasar pola dirección do colexio entre as 8:45h e as 14:15h de luns a venres.

Informamos que o día 30, ás 12h, haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de infantil (3 anos) que inician a súa andaina no colexio.

LISTAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o material escolar necesario para o vindeiro curso.

Cada arquivo contén o material dun nivel educativo, salvo o material de 5º e 6º de primaria que é o mesmo e polo tanto emprégase unha única lista.

Distribuir contido


by Dr. Radut