O próximo 1 de marzo iníciase o período para admisión de alumnado en centros públicos de cara ao curso 2019/2020.
Nos anexos que aparecen máis abaixo está recollida a normativa, as instrucións, as vacantes e o mapa de influencia do colexio.
A modo de resumo, o procedemento é o seguinte:
- Presentación da documentación (anexo II, modelo ED550B, documento acreditativo da idade, certificado de expediente académico -en caso de solicitar praza para un curso distinto de 4º de infantil e sentenza xudicial de separación/divorcio e convenio regulador- de darse o caso-) entre os días 1 e 20 de marzo:
- Vía telemática en sede electrónica ou na aplicación admisiónalumnado.
- Na secretaría do centro
- Publicación de listaxes provisionais: antes do 25 de abril
(período de reclamación de 5 días)
- Publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio