Esta semana celebramos a liga interna de bádminton do colexio. Constou dunha fase previa, con sete grupos de tres participantes. Os primeiros de cada grupo e o mellor segundo clasficáronse para os cuartos de final. Despois dunha rolda eliminatoria emocionante e igualada, Beltrán, Héctor, Xandre e Manuel disputaron unhas semifinais de gran nivel que deron paso á gran final entre Xandre e Héctor. O campión final foi.....XANDRE! Parabéns a todas e todos as participantes. Podes ver imaxes deste torneo premendo aquí. |
|||