Skip to Content

Artigos

Rematou o proxecto "Interculturalidade" da Biblioteca

Alá polo mes de setembro -que lonxe queda xa- comezou no colexio o proxecto Interculturalidade. Dende o principio marcou o día a día do centro e notouse nadecoración, nos temas traballados nas aulas, nas lecturas, no Entroido, no Día da Paz...

Foron moitas as actvidades levadas a cabo para que os nenos/as adquirisen coñecementos e valores relacionados coa temática, e así quedarán para o recordo as visitas dos pais estranxeiros, dos avós emigrantes, incluso a de Paula Carballeira para fala do seu libro "Casas", as andainas por Infantil de Raimundo, etc.

Como conclusión a todo iso temos os libros elaborados en cada curso; que están expostos na entrada do colexio  que podedes ver con todo luxo de detalles en LECTORIÑO.

En setembro comezará un novo curso, e con el, un novo proxecto.

Proxecto da biblioteca 2012-2013

O proxecto do curso 2012-2013 estará adicado á interculturalidade.

Se queres descargalo, preme aquí.



by Dr. Radut