Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Ed. Primaria
Inmersión Lingüística en Peares
O pasado día 10 de Outubro os alumnos de 6º curso fomos de excursión.
Foi unha aventura diferente, algo que non tiñamos feito nunca. Fomos a un centro de Inmersión Lingüística en Peares.
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA FONDOLIBROS PARA 3º E 4º DE PRIMARIA
Comunicamos que xa se realizou a adxudicación definitiva do fondolibros para alumnado de 3º e 4º Nivel unha vez rematado o periodo de alegacións.
No arquivo adxunto figura a relación de alumnado xunto aos libros que se lle adxudica.
Os libros estarán a disposición do alumnado o primeiro día de clase (12 de setembro), xunto as indicacións de uso e devolución e unha folla onde figura a relación de libros prestados (esta folla deberá devolverse ao centro asinada).
LIBROS DE TEXTO 2017/18
Nos arquivos que se adxuntan poden consultar a relación de libros de texto para o curso 2017/18
Información ás familias:
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Un ano máis o CEIP Plurilingüe "San Marcos" celebra o seu entroido. Este ano disfrazámonos de diferentes oficios. Polo patio do Colexio desfilaron médicos e enfermeiros (Infantil), camareiros (1º Ciclo), pintores (2º Ciclo) e cociñeiros (3º Ciclo). O tempo nos respetou e despois de moitas dúbidas puidemos desfilar e cantar ademais de comer as deliciosas filloas, orellas e rosquillas aportadas polas familias do alumnado (unha vez máis temos que agradecer a colaboración das familias coas celebracións do centro), para rematar co tradicional chocolate que preparan na cociña como sobremesa do xantar.
A continuación unha pequena mostra fotográfica.
Un grupo de infantil
Os pintores de 2º Ciclo
Camareiras/os levando a súa bandexa ben dereita
Os maiores imitando a Arguiñano
As nais do comedor tamén se sumaron á festa disfrazándose para a ocasión
E para rematar ¡a disfrutar do xantar!
BO NADAL
Desde esta páxina desexamos que tanto estas Festas de Nadal coma o ano 2013 traian o mellor para toda a comunidade escolar.
Lembramos que o martes día 8 de xaneiro reanúdanse as clases.
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012/13
Adxúntase o listado de libros de texto para o curso 2012-13.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »