Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Ed. Primaria
DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E NOVAS TAREFAS.
De acordo coas instrucións publicadas na Web da Consellería o pasado día 20 procedemos a organizar a ENTREGA DE MATERIAL DO ALUMNADO.
Lembren que debemos facelo seguindo as normas establecidas, por iso fixamos quendas de recollida e diferentes zonas de acceso ao centro a fin de garantir a seguridade de todos e todas.
PREGAMOS QUE, na medida do posible, ACUDA AO CENTRO UN SÓ MEMBRO DE CADA FAMILIA.
Ademais, se alguén ten mochila viaxeira na casa, por favor, que aproveite para traela.
- A devolución organizarase da seguinte maneira.:
1º A, 3º A e 5º A o xoves de 10 a 12 horas.
1º B, 3º B e 5º B o xoves de 12 a 14 horas.
2º A, 4º A e 6º A o venres de 10 a 12 horas.
2º B, 4º B e 6º B o venres de 12 a 14 horas.
- As familias de 1º e 2º entrarán polo patio rodeando o edifico prinicpal e accederán ás aulas a través da porta traseira.
- As familias de 3º e 4º entrarán pola porta principal.
- As familias de 5º e 6º accederán polo patio, rodeando o edificio principal e cruzando o patio cuberto para acceder ás aulas correspondentes.
Poñeremos indicacións para que non teñades pérdida.
Aproveitamos para dicirvos que tedes á vosa disposición nesta web a adaptación das programacións do terceiro trimestre seguindo as instrucións de inspeción educativa.
Imos celebrar a nosa festa. PREPARADOS???
Chegou o día!! Preparados?? Mestres e mestras, papás e mamás, avós, avoas, familia enteira, acompañade aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe "San Marcos" nesta nosa festa.
PREMEDE NO VÍDEO E SEGUIDE AS INSTRUCIÓNS DE MARIAJO . Gravádevos cantando e bailando connosco e mandade os vosos vídeos a letrasgalegas2020@ceipsanmarcos.es para que poidamos compartilos con todos vós.
FEEEEEEEEEEEEESTAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!!
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
E como todos os anos, por estas datas, complácenos facervos chegar a nosa/vosa revista "Andaina". Este ano chega de forma telmatica pero estamos seguros de que vos vai encantar!!
BICOS E APERTAS!!
Semana do 19 de Maio. Seguimos adiante!!
Comeza outra semana
Comeza a Semana das Letras Galegas!!!!!!!!!!
Non vos perdades as actividades que teñen preparadas para vós. https://edlgsanmarcos.blogspot.com/
Semana do 4 de Maio
Bos días a todos e a todas.
Como seguimos?? aproveitando ben os paseos e o bo tempo??
Aquí vos achegamos as novas tarefas para esta semana.
Lembrade que nos blogs seguimos a poñer cousas interesantes.
No blog do Proxecto Deportivo de Centro tedes novidades esta semana.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »