Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
Ed. Primaria
Carreira contra a fame
O pasado día 16 de maio o noso centro participou na XX edición da "carreira contra a fame" promovida pola ONG Acción contra a Fame e organizada polo propio centro escolar, xunto con máis de 400 centros de toda España. A carreira consistiu nun percorrido circular de 300 metros no que o alumnado tiña que tratar de dar o maior número de voltas posibles.
Día das Letras Galegas
Como cada ano polo 16 de Maio celebramos o día das Letras Galegas no Ceip Plurilingüe San Marcos. Luís preparou un delicioso churrasco que todos comemos no patio, como a gran familia que somos.
Entroido 2017
Este ano non só chegou o Entroido a Abegondo, senón que o San Marcos sacouno a pasear por toda a volta!!!!!!!
Foi un día realmente intenso. Xa empezamos enchéndonos das filloas, orellas e rosquiñas que todas as familias aportastes tan amablemente e que fixeron as ledicias de todos nós. Ás once xa estábamos dálle que te pego á mandíbula.
Hoxe celebramos o SAMAÍN que noutros sitios se chama HALLOWEEN!!!
A semana pasada estivemos de festa outra vez. A que non sabedes o que celebramos?? Como non o ides saber con tanto como traballastes…claro, o SAMAÍN. Un ano máis a nosa biblioteca viuse invadida por lotes e lotes de cabazas que fixeron as delicias de todos no colexio e de todas as familias que viñeron visitar a exposición.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »