O Entroido é unha das celebracións máis divertidas e con maior tradición no noso cole. Hai festa cada día:
Fotos na Galería de Imaxes
1.- Durante a semana que celebramos o Entroido vimos disfrazados cada día segundo o que mande Efrén. Estes foron os mandados:
“Dando a volta ao mundo fómonos acostumando aos cambios que supoñen as viaxes:
CAMBIO de hora…
CAMBIO de moeda
CAMBIO de idioma…
Queres Cambios??? Toma Cambios…
Tranqui que non teñen porque ser permanentes!!”
|
|
FARTOS DE ESCOITAR
SEMPRE O MESMO…
EU QUERO CAMBIAR
HOXE PROPOÑO
UN CAMBIO RADICAL!
ROUPA DO REVÉS
O LUNS VESTIRÁS
COMBINANDO SHOES AND SOCKS
DE XEITO ORIXINAL.
|
|
|
UN CAMBIO DE SEXO,
TERÁ LUGAR O MARTES
OS MESTRES…
PARECERÁN MESTRAS
E OS RAPACES, RAPAZAS
VEN AO COLE ESTE DÍA,
CUNHA NOVA IMAXE
|
A CAUSA DA CRISE
REDÚCENSE OS MESTRES
NECESITAMOS NOVOS DOCENTES
PARA DAR CLASE O MÉRCORES.
|
SE QUERES SER PIRATA,
CANTANTE DE ROCK,
BAILARINA OU PANTASMA
O XOVES É O TEU DÍA
VEN AO COLE
CON CALQUERA PINTA
|
2.- Tamén corremos os Compadres e as Comadres, símbolo da tradicional loita entre sexos.
O primeiro xoves os nenos terán que quitarlle os compadres ás nenas e no seguinte xoves as nenas terán que quitarlle as comadres aos nenos. Botamos unhas carreiras e liberamos un montón de adrenalina.
3.- A festa remata cun gran desfile ao que tamén veñen nais e pais, antigos alumn@s... Cada clase disfrázase de algo típico do país que representa. Tendo como base musical a canción Ven viaxar connosco da Orquestra Mondragón, reescribimos a letra da canción adaptada á cada país.
- Cada clase preparou unha coreografía para o desfile.
ESPAÑA: O Quixote de Cervantes
|
AUSTRALIA: Aborixes
|
EXIPTO: Momias e Faraóns
|
FRANCIA: Bailando o Can-Can no Moulin Rouge
|
ALEMAÑA: Xerras de cervexa
|
O BRASIL: O Sambódromo e a Capoeira
|
A INDIA:Actores e actrices de Bollywood |
O XAPÓN: Delegación xaponesa en Toén |
|
|
Tamén houbo un Combate… de coñecementos. Os da India & Xapón. Cada clase demostrou os coñecementos de cultura xeral referidos ao outro país.
Nas clases elaboraron unha batería de preguntas con respostas curtas de 1 ou 2 palabras sobre cadanseu país. Sobre o tatami, cada grupo tiña que formar a resposta con letras maiúsculas, empregando só o corpo e en sentido horizontal -no chan-.
SOUTO DOS LARETAS. Combate de Coñecementos. Preguntas para a India
SOUTO DOS LARETAS. Combate de Coñecementos. Preguntas Para Xapón