Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Días Distintos

A escada da igualdade

Construímos esta escada da igualdade con motivo da celebración do día contra a violencia de xénero.

Cada clase decorou un chanzo cun lema que facía referencia á igualdade, ao respecto e ao bo trato en xeral.

Semana do Peón e Escornabots

Robótica nas aulas

Polo San Martiño trompos ao camiño

O 11 de novembro celebramos o día do peón, buxaina , trompo, vira-vira, etc.  É un xogo tradicional que forma parte do noso patrimonio cultural. Nestes días queremos ver peóns bailando polos camiños, nos patios de recreo do colexio, nos parques, no patio da casa...

No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan deste xogo. Que indican os meses nos que este xogo é Trending Topic Risa

Polo San Martiño, trompos ao camiño - 11 de novembro

Polo San Amaro, trompos ao faiado - 15 de xaneiro

Polo San Antón, peóns ao caixón - 17 de xaneiro

Pola Santa Olaia, peóns á borralla - 12 de febreiro

O primeiro é coñecer as partes do PEÓN e como se xoga. A buxaina é un xoguete feito de madeira, que se pode personalizar facilmente, pintándoo ao noso gusto. As partes do peón que debemos coñecer son:

O Ferrón - é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo. 

O Pirucho - é a parte de arriba, algúns trompos non a teñen.

A Barriga - é á parte máis ancha do peón

A Capa - Está comprendida entre o pirucho e a barriga.

A Piola - é a corda coa que se envolve o trompo e mide uns 50 cm. 

Toca agora vestir o peón:

No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun estremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.

Tamén inflúe a forma de tiralo, cada un/nha ten que atopar o seu estilo: dende arriba, coma se o tirases cara o chan, ou paralelo ao chan coma se acendeses un motor dunha motoserra...

Nós deseñamos este taboleiro, para que coñezas ben este xoguete, coa axuda do escornabot.

Agora ti terás que facelo bailar, poñelo na man, sobre a corda...

Facede fotos e/ou vídeos e compartídeos para dar fe da vosa pericia.

Taboleiro en pdf Descargar tarxetas para recortar

 Bibliografía

Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Ed. Xerais.

Brinquedia 

Celebrando o Día do LIBRO

ACTIVIDADES 

AS FAMILIAS CONTAN MOITO: coa colaboración das familias, sempre comprometiadas coas iniciativas que propoñemos dende a Biblioteca.

Contacontos

Título do conto

"Oruga Piluca"
" 101 dálmatas"
  Os músicos de Bremen
   Unha historia fantástica
   "La fea durmiente"
  "O monstro de cores"
   "Guadalupe Topo"
"Xiana a nena Pirata"
Como vencer os medos?
"A princesa Sabela"
"Pilú, Pilú"
Rosa Caramelo
Durmir coma un tigre
Cocorico
Antón el Ratón
Crisol e a súa estrela

 

 

 

Cantigas e poesía no día de Rosalía

24 de febreiro: Día de Rosalía

Celebramos un acto no que participamos todos os alumnos/as e mestres do colexio. O alcalde do Concello achegouse ao centro para non perderse esta actividade dirixida a lembrar os poemas de Rosalía e a manter viva a súa lembranza.

Así o celebramos nós - Xornada de Poesía e Cantigas.

 

Rosalia2016EI from Efren Esquio on Vimeo.

rosaliaPrimeiroSegun from Efren Esquio on Vimeo.

rosalia2016_terceiro from Efren Esquio on Vimeo.

ROSALÍA SEMPRE, en Bloguesquío

rosalia2016_4_5e6 from Efren Esquio on Vimeo.

Xoves de comadres e compadres

Entroido: Mandadiños de Efrén

O tema central do Entroido deste ano é o cómic, ENTRE VIÑETAS. Galería de imaxes

Durante a semana cumpriremos os mandados de Efrén, a nosa mascota. Aquí vos deixo os Mandadiños para que vaiades tomando nota

Magosto 2015

Xogos tradicionais e castañas asadas

O 10 de novembro todos invitados ao Magosto do cole! Tamén temos preparados numerosos xogos tradicionais: O papacastañas, saltar a corda, relevos con castañas, xogos co paracaídas e outros xogos de habilidade.

Cómic de Samaín

Entre viñetas é o proxecto interdisciplinar deste ano. Disfruta do noso Cómic de Samaín, con personaxes terroríficos pero cheos de tenrura, compañerismo, tolerancia e empatía.

Día das bibliotecas

O día 23 de outubro festexamos o día das bibliotecas.

Durante a semana participamos activamente nas actividades programadas para conmemorar esta celebración.

->Lecturas compartidas

->Inventamos cancións: os de 4º rapeáronlle a biblio e os de 5º e 6º compuxeron GÚSTANOS LER

-> Decoramos e intercambiamos tarxetas

   

 

 

 

 

 

 

 

-> Fixemos un fotocall, fotos divertidas con mensaxes de agarimo cara a nosa biblioteca. 

Entre viñetas é o proxecto documental  deste ano, está dedicado aos cómics. Tratábase de escribir, dixitalmente ou a man, distintos tipos de globos de texto: de exclamación, falando, pensando... expresando o que significa a biblioteca para nós... Quedounos así de vistoso. 

Distribuir contido


by Dr. Radut