Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividades

Día Mundial do Medio Ambiente 2024

cartaz

Día do libro 2024

cartaz

Obradoiro de videoxogos

A través do Museo do Videoxogo e coa colaboración do CFR de Ourense, desenvolverase un obradoiro dirixido a familias e docentes, o 21 de marzo ás 16:30 horas

Nel analizarase o contexto actual do videoxogo, como medio de expresión cultural e como ferramenta educativa, examinando as súas diferentes facetas, cunha guía para o seu bo uso e hábitos saudábeis de xogo. 

Actividades celebración 8M 2024

cartaz

 

Ciencia e tradición

O vindeiro domingo día 25 de febreiro, nas instalacións da antiga Casa do Concello de Toén, terá lugar a gravación dun programa de radio dende as 11:00 ata as 13:30 h. Neste espazo participarán un conxunto de mulleres científicas vinculadas ao Concello de Toén, e presentarase o libro "Os remedios das Avoas".

A AFA do CEIP Saco e Arce participa nesta actividade, xa que o alumnado do noso centro, achegou os remedios e receitas das súas avoas e mulleres da contorna, que son parte deste libro. Por este motivo queremos convidar a todas as familia,s que así o desexen, a acudir este domingo ata a Casa do Concello e participar desta actividade.

Charla Plan Director

O mércores 31 de xaneiro ás 16:30 horas, terá lugar unha charla informativa para familias, "Acoso escolar e violencia sobre a muller", enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/ 2024

 

Visitas do Nadal

 

A AFA do CEIP Saco e Arce desexa a toda a comunidade educativa un Feliz Nadal e un Feliz Ano 2024!

 

Torneo de fútbol gaélico e Operación Quilo

O xoves, 21 de decembro, de 16 a 18 horas, terá lugar o I Torneo de Futbol Gaélico do CEIP Saco e Arce. 

Durante o torneo, terá lugar a recollida solidaria de alimentos, para colaborar coa Operación Quilo 2023 da Asociación Xuvenil Amencer. 

 

PROGRAMA ESQUIOU 2024

Poñemos no coñecemento das familias que a  Deputación de Ourense pon en marcha unha nova edición do Programa ESQUIOU 2024.
 
Achegamos dossier coa información e a ficha de inscrición.
 

Pazolandia 2023 / 2024

A AFA do CEIP Saco e Arce de TOÉN ten reservado o día 2 de xaneiro de 2024, en horario de mañá, de 11:00h a 14:00h, o acceso a Pazolandia.

O Concello de Toén, farase cargo do pago das entradas, do alumnado do CEIP Saco e Arce que se anote. As persoas adultas que acompañen ao alumnado deben mercar a súa entrada. Poden facelo na taquilla ou previamente de maneira online en www.pazolandia.es

Cada familia terá que desprazarse ata o recinto do Paco Paz en Ourense ese día. Xuntarémonos ás 10:45h na zona de acceso. Alí, as persoas da Xunta Directiva da AFA, entregaremos as entradas do alumnado ás familias.

Para anotar ao alumnado é preciso chamar por teléfono antes do 14 de decembro a:

IRIA: 686 078 789

MONSE: 650 885 725

Distribuir contido


by Dr. Radut