Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actividades

Pazolandia 2023 / 2024

A AFA do CEIP Saco e Arce de TOÉN ten reservado o día 2 de xaneiro de 2024, en horario de mañá, de 11:00h a 14:00h, o acceso a Pazolandia.

O Concello de Toén, farase cargo do pago das entradas, do alumnado do CEIP Saco e Arce que se anote. As persoas adultas que acompañen ao alumnado deben mercar a súa entrada. Poden facelo na taquilla ou previamente de maneira online en www.pazolandia.es

Cada familia terá que desprazarse ata o recinto do Paco Paz en Ourense ese día. Xuntarémonos ás 10:45h na zona de acceso. Alí, as persoas da Xunta Directiva da AFA, entregaremos as entradas do alumnado ás familias.

Para anotar ao alumnado é preciso chamar por teléfono antes do 14 de decembro a:

IRIA: 686 078 789

MONSE: 650 885 725

II Certame de postais de Nadal

O alumnado de 1º a 6º de Primaria pode participar neste segundo certame, co título "Inspiración e natureza", elaborando unha postal de Nadal, para optar a premios colectivos como unha ruta guiada ou unha visita da Ecoescola Itinerante. 

Consulta as bases deste certame organizado pola Cooperativa Xesta Brava, nos arquivos adxuntos ou na súa web. 

Charla coa bióloga Conchi Casas

Charla coa bióloga Conchi Casas, do Concello de Toén, dentro das actividades do 25N con motivo da celebración da eliminación da violencia contra a muller.

Venres 17 de novembro, ás 09:30 horas.
 
Alumnado de Primaria do CEIP Saco e Arce.
 

Magosto da AFA

Familias e veciñanza, celebramos o magosto o 17 de novembro!

Até o 13 de novembro podedes anotarvos... 

 

cartaz

I Concurso Escolar Provincial "Isto tamén é violencia de xénero e eu non calo"

A finalidade do concurso, é, entre outras, fomentar valores de igualdade e crear conciencia da propia existencia da violencia de xénero e das súas múltiples manifestacións. 

As modalidades de participación inclúen: 

- debuxo, fotografía ou viñeta

- microrrelato, redacción escrita ou podcast

- video curto para redes sociais

Prazo de presentación dos traballos: até o 18 de novembro

Premio do concurso: fins de semana e bonos de balnearios. Premios ás 30 primeiras entregas. 

Máis información detallada, nos documentos adxuntos e no teléfono 988317770 ou na web: www.termalismo.com/nonaviolenciadexenero

 

Actividades conmemorativas 8M

Continuando coa colaboración da Asociación A ciencia é feminino, a AFA do Saco e Arce, presenta a videoconferencia QUE SE CELEBRA O 8M? para alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Terá lugar o día 7 de marzo ás 9:30. A conferenciante será Lola Ferreiro Díaz, Doutora en Medicina Feminista, experta en saúde e xénero. 

Adxuntamos cartel da actividade. 

Día Internacional da muller e da nena na ciencia

A AFA do CEIP Saco e Arce, en colaboración coa Asociación A ciencia é feminino, conmemora o Día Internacional da muller e da nena na ciencia, cunha charla educativa coa veterinaria Conchi Fernández.

Será o 15 de marzo ás 9:30 no CEIP Saco e Arce. 

Adxuntamos cartel da actividade. 

Referentes de la Medicina

Este mes e o vindeiro, o Liceo de Ourense, acolle unhas xornadas divulgativas que levan por título "Referentes de la Medicina", onde tres mulleres referentes deste ámbito presentan as súas aportacións ao campo médico. 

No cartel adxunto pódese consultar a información detallada.

Campamento astrónomico do Concello da Veiga

O Concello da Veiga organiza un Campamento astronómico para crianzas, de entre 9 e 12 anos, durante as fins de seman do mes de febreiro.

Toda a información detallada, nos documentos adxuntos. 

Trouleando co CMUS

Adxuntamos cartel da actividade promovida polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Trouleando co CMUS, axendada para os días 27 de febreiro e 17 de marzo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut