CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Blogues
POEMAS MUSICADOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 - 02 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 26/02/2023 - 17:27A comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, quere compartir con vós diferentes versións do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós!!
FESTA DE ENTROIDO E QUEIMA DO MECO (17 - 02 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 19/02/2023 - 21:59O último da semana tivemos no cole a nosa festa de Entroido. Grazas ao bo tempo puidemos empregar as novas instalacións deportivas como pista de xogo e baile.
Puxemos os disfraces que máis nos gustaban e aproveitamos a zona de terra colindante para levar a cabo a tradicional "queima do Meco".
O alumnado de 5º e 6º co deseño deste Meco, quixo levar a cabo unha crítica á realización do mundial de fútbol en Qatar, un país que (entre outras cousas) non recoñece os dereitos das mulleres nin das persoas pertencentes ao do colectivo LGTBIQ+
MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA (09 - 02 - 2023)
Enviado por Noelia o Xov, 09/02/2023 - 19:05Chegou ao noso cole unha nova "Maleta viaxeira" desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Teremos esta ampla variedade de libros de banda deseñada ata o remate deste mes para disfrutar dela na "Hora de ler".
MANDADIÑOS DO ENTROIDO (Semana do 13 ao 17 de febreiro)
Enviado por Noelia o Mar, 07/02/2023 - 20:02DAN COMEZO OS RETOS DO GALIÑEIRO (03 - 02 - 2023)
Enviado por Noelia o Mar, 07/02/2023 - 19:58Dende a biblioteca escolar poñemos en marcha "Os retos do galiñeiro". Trátase dunha actividade para fomentar a observación, a investigación, a procura de información e o desenvolvemento do pensamento lóxico; empregando os recursos que a nosa biblioteca ofrece, pero tamén a solidaridade, a empatía e o respecto mutuo.
De xeito periódico, a nosa mascota, o morcego Plata, porá a disposición do alumnado diferentes retos adaptados ás diferentes idades do noso alumnado, tendo como fío condutor o noso galiñeiro. Proporá retos matemáticos, lingüísticos, de observación, de procura de información e emprego do pensamento científico que poderán resolver, de xeito voluntario, nos tempos de lecer.
Inspirado na metodoloxía da plataforma on-line ClassDojo para estimular e motivar ao alumnado, a resolución dos diferentes retos comportará a consecución de "gali-puntos" que darán acceso a diferentes recompensas.
O ALUMNADO DE INFANTIL SEMENTA OS ALLOS NO HORTO (02 - 02 - 2023)
Enviado por Noelia o Mar, 07/02/2023 - 19:27O xoves 2 de febreiro tivemos a visita de Almudena, a nai de Sofía, para axudarnos a sementar os allos.
Non abriu a néboa en todo o día así que baixamos a última hora de mañá para realizar esta labor.
Aproveitamos para deixarlle ás pitas un ratiño de recreo mentres estabamos na sementeira.
Moitas grazas Almudena por pasar a mañá con nós e tamén a "Almacenes Rivera" por regalarnos os allos para a semente e a herba para os niñeiros das pitas!
"DÍA DA PAZ" Os nenos "Talibé" do Senegal. (30 - 01 - 2023)
Enviado por Noelia o Lun, 30/01/2023 - 23:34No día de hoxe, Miguel e Alfonso, da ONG de Sarria "Hospitaleiros sen fronteiras" achegáronse ao noso centro para falarnos dos nenos "Talibé" do Senegal e contarnos a súa experiencia solidaria nese país.
Trátase dunha pequena organización de Sarria na que as persoas que a forman, de xeito voluntario, empregan tempo e traballo para poder levar a estes nenos axuda en forma de alimentos, roupa, calzado ou material escolar.
Moitas grazas pola vosa visita e por amosarnos unha realidade tan diferente á nosa!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »