Blogues

MANUAL DE USO ABALARMÓBIL

 

 

advertencia O próximo día 5 de outubro sobre as 15:15 ata as 16.15 horas teremos un obradoiro no centro aberto a aquelas familias que teñan dúbidas sobre a instalación e uso da aplicación.  Non vos preocupedes se non podedes asistir, na dirección do centro podedes solicitar axuda cando precisedes. 

TODA A DOCUMENTACIÓN E AVISOS DO CENTRO SERÁN ENVIADOS VÍA ABALARMÓBIL.

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

Frutas Saludable GIF - Frutas Saludable Bailar - Discover & Share GIFs

REUNIÓNS FAMILIAS SETEMBRO 2023

INICIO DE CURSO 2023/2024

Recordade que o horario do noso centro en setembro e xuño é o seguinte:

-Horario do alumnado: de 10.00 h a 14.35 h.

-Horario do alumnado usuario de comedor: de 10.00 h a 15.05 h

O servizo de transporte e comedor escolar funcionará con normalidade dende o primeiro día.

Segundo a Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. O calendario escolar para o presente curso é o seguinte:

Nos próximos días publicaremos as datas das reunións de principio de curso dos respectivxs titorxs de cada grupo.

ESTADE ATENTOS Á WEB!

advertencia

 

Family Pencil GIF - Family Pencil - Discover & Share GIFs

RECOLLIDA VALES PENDENTES

Aquelas familias que non puideron recoller os vales para adquisición de libros de texto e material escolar, poderán facelo a partir do 4 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 no centro. 

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-2024

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FACER USO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2023-2024.

Nos seguintes documentos adxuntos tedes toda a documentanción necesaria para facer a solicitude de uso do servizo. 

Podedes recoller os impresos no centro ou ben, descargalos directamente dende o presente anuncio. Ditos impresos, deberán entregarse no centro durante a primeira semana de setembro. 

Para facilitarvos o cáculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, na páxina web da Consellería incorporouse unha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar. O acceso a dito recurso está dispoñible no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp 

 

 

 

 

Libros de texto curso 2023 2024

Libros de texto curso 2023 2024

No arquivo adxunto podedes encontrar o listado de libros para o curso 2023 2024

VISITA AO CONCELLO, XINCANA DE XOGOS E FESTA NO ÚLTIMO DÍA DE CURSO (21 - 06 - 2023).

   Rematou o curso 2022 - 2023 e neste último día tivemos unha xornada chea de actividades: 

   Comezamos realizando unha saída ata o Concello de Bóveda onde fomos recibidos polo alcalde e pola Concelleira de Cultura e Educación.

    No salón de actos contestaron a todas as nosas preguntas e compartiron con nós unha fermosa presentación en vídeo do noso Concello. Antes de despedirnos regaláronnos un pin co escudo de Bóveda explicándonos a súa simboloxía: os tres ríos do Concello e as catorce parroquias.

   Seguidamente fomos xogar ao parque da Filgueira e despois iniciamos o camiño de regreso polo fermoso paseo á beira do río.

   No cole estaba esperando por nós a xincana de xogos organizada polo profesorado e as familias: unha hora e media de xogos en diferentes estacións con merenda de froita incluída.

   E para rematar o día, despois da entrega de notas e materiais, fomos directos ao pavillón municipal a disfrutar da fantástica festa que tiña organizada a ANPA para o alumnado con demostracións das diferentes actividades extraescolares, música, baile e colchoneta incluída.

   Un día emocionante onde despedimos aos nosos compañeiros e compañeiras de sexto que marchan do cole e ao profe Fran que non estará con nós para o vindeiro curso. A todos e todas vós desexámosvos moita sorte nesta nova etapa e un feliz verán!

   Ata pronto!!

 

EXCURSIÓN AO PARQUE ZOOLÓXICO DE MARCELLE (20 - 06 - 2023).

   O pasado martes, todo o alumnado do centro realizou unha visita ao parque zoolóxico de Marcelle en Lugo. A actividade foi pagada pola ANPA do centro e o Concello fíxose cargo do trransporte.

   Tivemos a sorte de que o tempo nos acompañase nunha xornada intensa e chea de emocións nesta última saída do curso antes do comezo das vacacións.

 

"O NOSO GALIÑEIRO" Proxecto finalista para a IX beca das fundacións María José Jove e INGADA. (20 - 06 - 2023).

   Este pasado 20 de xuño, tivo lugar o acto de entrega da IX beca da fundación María José Jove e INGADA (Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados) resultado dos traballos presentados no Curso de Formación de Profesorado en relación co Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) que foi impartido en toda Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

   Un destes traballos foi presentado polo noso centro "O NOSO GALIÑEIRO. APRENDENDO A XESTIONAR A ECO-GRANXA ESCOLAR" e resultou un dos tres finalistas para optar á beca de 3.000 euros que ambas entidades ofrecían.

   O noso proxecto non resultou gañador pero despertou moito interese na fundación INGADA polo que manifestaron o seu desexo de poñerse en contacto con nós para o vindeiro curso escolar coa idea de estudar o cofinanciamento do mesmo.

   Esperamos con interese esta chamada mentres seguimos traballando por unha educación inclusiva en comunidade!

Distribuir contido