CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Blogues
MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2023 / 2024
Enviado por Iria o Mér, 21/06/2023 - 09:43MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2023/2024
PRAZO: DO 20 AO 30 DE XUÑO.
A DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA PÓDENA ATOPAR ADXUNTADA A ESTA NOVA
RECICLANDO PAPEL E FOMENTANDO A CONVIVENCIA NO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (05 - 06 - 2023).
Enviado por Noelia o Lun, 05/06/2023 - 19:12Este 5 de xuño, "Día mundial do medio ambiente", celebramos no noso centro un obradoiro de papel reciclado.
Despois dunha semana de preparación recollendo o papel usado, clasificando, picando e batendo para facer unha pasta base; por fin chegou o momento de elaborar as nosas láminas.
Quixemos facelo en comunidade, convidando ás familias a participar pero tamén aos nosos veciños e veciñas da residencia de persoas con discapacidade "Domus VI".
Un grupo de usuarios e usuarias xunto coa educadora e a animadora sociocultural achegáronse ata o noso centro e compartiron coa comunidade educativa do Rosalía de Castro unha mañá de traballo colaborativo e experiencias creativas.
Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes para que este obradoiro saise adiante! Sodes xeniais!
O CEIP ROSALÍA DE CASTRO COLABORA CO MERCADIÑO SOLIDARIO DE "HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS" EN SARRIA (sábado 3 de xuño).
Enviado por Noelia o Xov, 01/06/2023 - 20:54Esta pasada fin de semana, entregamos á ONG "Hospitaleiros sen fronteiras" a recadación que o alumnado xuntou coas "tomateiras solidarias".
Dende a organización transmitíronnos o seu agradecemento pola xenerosidade das familias de Bóveda e o bo traballo das nenas e dos nenos sementando e coidando as plantiñas que se venderon tan ben.
Pero a colaboración non queda aquí: o vindeiro sábado día 3 de xuño, a ONG celebra en Sarria o segundo mercadiño solidario en favor dos nenos Talibé do Senegal. Nesta ocasión o noso cole colabora con bisutería elaborada nos tempos de lecer no "recanto creativo" da nosa biblioteca escolar.
Haberá obradoiros, actividades e actuacións dende as 12:00 h. ata as 21:00 h. Animádevos a ir!
VEÑEN ALBA (NAI DE CARLOTA) E PABLO PARA REFACER A NOSA ESPANTALLA. (31 - 05 - 2023).
Enviado por Noelia o Xov, 01/06/2023 - 20:36O alumnado de Infantil dedicou o día a renovar o espantallo do noso horto escolar.
Nesta ocasión trátase dunha espantalla chamada Alba que a nai de Carlota máis Pablo viñeron para axudarnos a facela. Quedou fermosa cos seus pelos de cores e a súa cariña ben feita!
Moitas grazas por vir ao cole e pasar o día con nós!
Fondo Libros 2023 2024
Enviado por Iria o Lun, 29/05/2023 - 10:53
Do 20 de maio ao 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2023/2024
Orde do 10 de maio de 2023 (DOG 19/05/2023)
A) Para todos os solicitantes:
- Anexos I (Solicitude) e Anexo II (comprobación de membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou equivalente (deben figurar todos os membros computables).
B) Casos especiais:
- Separación ou divorcio (No que conste a atribución da custodia do/a menor).
- Discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade.
- Violencia de xénero: na forma que detalla o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
No CEIP Rosalía de Castro-Bóveda, presentando dita documentación.
Ou a través da aplicación FONDOLIBROS.
ANEXO MODELO INFORMATIVO PARA CUBRIR A SOLICITUDE.
A MÚSICA DE RAÍZ NA ESCOLA. Fundación LEGAR. (26 - 05 - 2023).
Enviado por Noelia o Sáb, 27/05/2023 - 19:11Este venres tivemos a visita de Xavier Blanco e Martina Ferradás da FUNDACIÓN LEGAR PARA A PRESERVACIÓN DA MÚSICA DE RAÍZ, dentro do proxecto "A música de raíz na escola".
Pretenden dar a coñecer a variedade instrumental e cultural da música de raíz galega, fomentando o uso da nosa lingua e dende unha perspectiva pedagóxica aberta, amena e creativa.
Resultou unha actividade moi interesante da que participamos cantando e bailando.
Moitas grazas por vir!
MALETA VIAXEIRA DE "BIBLIOTECA CREATIVA" (22 - 5 - 2023).
Enviado por Noelia o Xov, 25/05/2023 - 07:53Chegou ao noso centro a maleta da Asesoría de biblioteca escolares que solicitamos para este último trimestre. Trátase dun surtido de libros e xogos de "Biblioteca creativa" que poderemos gozar ata finais de curso.
"CONTO EN FAMILIA". Almudena, nai de Sofía, veu interpretar para nós "Pepiño Cebola". (19 - 5 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 21/05/2023 - 12:30E nesta ocasión gozamos dun conto representado.
Almudena, nai de Sofía, achegounos a historia de "Pepiño Cebola" de Sandra Alonso, un neno moi ben abrigadiño con tantas capas de roupa como unha cebola.
Moitas grazas por vir! Encantounos!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »