Skip to Content

SAÍDA Á CIDADE DEPORTIVA DE ABEGONDO

Imaxe: RC Deportivo.

Informamos da saída programada para 6º de Ed. Primaria a realizar o mércores, día 20 de decembro de 2017, á Cidade Deportiva de Abegondo. Preme aquí para descargar autorización.

SAÍDA A UN BUZÓN DE CORREOS

Imaxe: idibujosparacolorear.com

Informamos da saída organizada para os alumnos e alumnas de 5º de E.I. o luns, día 18 de decembro de 2017, ás 10:00 horas, ao buzón de correos situado na Ronda de Outeiro para enviar unha carta moi especial. Preme aquí para descargar circular.

SAÍDA AO FÓRUM METROPOLITANO

Imaxe: Concello de A Coruña.

Informamos da saída programada para 2º de Ed. Primaria a realizar o venres, día 15 de decembro de 2017, ao Fórum Metropolitano para asistir a unha obra de teatro. Preme na imaxe para descargar a circular.

SEGUNDA SESIÓN DO CURSO - COMUNICACIÓN E LINGUAXE

Esta semana tivemos a visita de Beatriz Sanjurjo Hermina, logopeda especializada no traballo con persoas con TEA que exerce o seu traballo en Aspanaes.

Ofreceunos información moi interesante e práctica acerca da Comunicación e Linguaxe no alumnado con TEA.


Algúns dos puntos que se trataron foron:

  • Os aspectos comunicativos das persoas con TEA.
  • Como debemos comunicarnos con eles/as.
  • A linguaxe receptiva.
  • A importancia de coñecer ao noso alumnado, os seus intereses e preferencias.
  • A importancia, o uso e a elaboración dos apoios visuais.
  • Os Sistemas Alternativos e/ou Aumentativos de Comunicación.

Agradecemos enormemente a Beatriz a súa intervención, comezaremos xa a poñer en práctica os seus consellos.

Distribuir contido


by Dr. Radut